Novas

sábado, 09 de marzo de 2019

Entrega de premios do V Certame Literario Carmela Loureiro

Participaron 18 centros de toda a comarca e foron presentados 80 traballos de gran calidade, segundo destacou o xurado


Entrega de premios do V Certame Literario Carmela Loureiro

Ferrol, 9 de marzo.- Esta mañá tiña lugar no patio do Centro Cultural Torrente Ballester a entrega da V edición dos Premios Carmela Loureiro que organiza o Concello de Ferrol, a través da Área de Normalización Lingüística, coa Coordinadora de Equipas de Ferrolterra (CENL). 


Nesta quinta edición tomaron parte 18 centros de ensino público de Primaria e Secundaria da nosa comarca, tanto públicos como concertados, que achegaron un total de 80 traballos, dos que o xurado destacou a súa abraiante calidade e creatividade.  



Un xurado, presidido polo concelleiro de Normalización, e integrado por membros do CENL, alumnos dos centros participantes e unha persoa destacada do mundo da lingua e da literatura elixiu aos gañadores desta IV edición no que se seleccionaron, na fase intercentros, un total 80 proxectos: micropoesía (27);  microrrelatos (37); microteatro (3) de 18 centros educativos: CEIP, CPR e IES

 

Participaron dese xurado Magdalena González, e Aitana Tizón, como representantes do alumnado;  Ana Varela Miño, representante do mundo da literatura e da lingua (tradutora e poetisa); Paulo Filgueiras Fachal,  representante da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística, o concelleiro de Normalización e Beatriz Bascoy, como secretaria do mesmo.



"Os gañadores foron seleccionados conforme cos  criterios de valoración como  a  calidade e fluidez na redacción, o uso correcto da lingua, a capacidade de síntese e cohesión, imaxinación e orixinalidade, manexo e riqueza de vocabulario e capacidade de “impactar” no lector ou lectora", salientaba o xurado.

 

Achegamos a relación completa dos gañadores desta V edición 2019 e dos 18 centros que tomaron parte:


 

CEIP Manuel Masdías

CPR Ludy

CPR Belén

CPR Sagrado Corazón

CPR Tirso de Molina

CPR Cristo Rey

CEIP Os Casais

CEIP Juan Lángara

CPI Atios

IES Canido

IES Carvalho Calero

IES Catabois

IES Concepción Arenal

IES Sofía Casanova

IES Ferrol Vello

IES Saturnino Montojo

IES Fernando Esquío

IES Moncho Valcarce

 

Dos 80 traballos achegados, distribuironse por modalidades do seguinte xeito:

 

Microrrelatos: 44

Categoria A: 11

Categoría B: 12

Categoría C: 14

Categoría D:  7

 

Micropoesía:  33

Categoria A:  10

Categoría B:  8

Categoría C:  8

Categoría D:   7

 

Microteatro 2

Categoría D Bacharelato e ciclos formativos: 2

 

RELACIÓN DE ALUMNAS/OS GAÑADORES DA V EDICIÓN

 

Modalidade de microrrelatos

Categoría A, E. primaria

Centro

Autor/a

Premio

O hámster

CPI Atios

Claudia Sande Bahamonde

 

Alberte Patoso

CEIP Juan Lángara

Carmen Fernández Teijeiro

Accésit

 

Categoría B, 1º ciclo da ESO

 

 

 

Escamas

CPR Cristo Rey

Martín  Hoyos Traba

1 premio

 

O que agocha un silencio

 

IES Saturnino Montojo

Rocío Bouza Mira

Accésit

Nalgún lugar da mente

CPI Atios

Nerea Casas Serantes

Accésit

           

Categoría C, 21º ciclo da ESO

Centro

Autor/a

 

Marchou o can

IES Saturnino Montojo

José Almeida Maiz

1 premio

Acompáñame

IES Sofía Casanova

Irene Fernández Arias

Accésit

 

 

 

 

 

 

Categoría D, bacharelato, c, formativos

Centro

Autor/a

 

Papá , óesme

IES Canido

Cristina Vidal Bceiro

1 premio

Rutina

IES Carvalho Calero

Efrén Vázquez Núñez

Accésit

 

 

Modalidade de micropoesía

 

Categoría A , E.Primaria

Centro

Autor/a

 

A gata reverés

CEIP Os Casais

Rocío Formoso Saavedra

1º Premio

Estamos no inverno

CPR LUDY

Rocío Vázquez Díaz

Accésit

 

Categoría B, 1º ciclo da ESO

Centro

Autor/a

 

A fiestra

CPR Sagrado Corazón

Inés Lamas Hermida

1º Premio

O imposible

IES Carvalho Calero

Éstrella Márquez Salázar

Accésit

 

 

Categoría C

2º ciclo da ESO

 

 

 

Sentimento

CPR Sagrado Corazón

Patricia Vez López

1 premio

 

 

Categoría D

Bacharelato e ciclos formativos

 

 

 

Lembra

IES C. Arenal

María Pillado Rico

1º premio

 

Soños

IES F.Esquío

Lucía Dopico García

 

Accésit

Adeus

IES Carvalho Calero

Antón Cobelo Allegue

Accésit

 

 

Microteatro

                                                                       

Categoría D

Bacharelato e ciclos formativos

 

 

 

Amada

IES C. Calero

Roi  Saiz Mallo

1ºPremio

Vermello

IES C. Calero

Ana Mayobre Roca

Accésit

                            

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar