Novas

martes, 12 de marzo de 2019

3,2,1... PARA ATLÁNTICA, A VII EDICIÓN DO FESTIVAL DE NARRACIÓN ORAL

Arrancamos este xoves 14 en distintos escenarios, da Biblioteca ao CTB pasando polo Auditorio, con grandísimos narradores galegos e internacionais con Quico Cadaval na traca final o sábado 16 no Auditorio Contos para nenos, contos para adultos. Lembrade que todas as actividades son de balde pero precisan de retirada previa de convites na billeiteira do teatro Jofre


3,2,1... PARA ATLÁNTICA, A VII EDICIÓN DO FESTIVAL DE NARRACIÓN ORAL

Ferrol,  12 de marzo.-  3.2, 1...  para o inicio de Atlántica, o Festival de Narración Oral que este ano 2019 chega a súa sétima edición cun programa excepcional completamente de balde e enfocado a nenos e adultos en distintos escenarios da nosa cidade, desde a Biblioteca Municipal ate a traca final na noite do sábado 16 no Auditorio da man do gran Quico Cadaval. 

Atlántica será, como xa avanzamos na súa presentación, do xoves 14 ao sábado 16 de marzo, co impulso da Área de Educación e Cultura coa vontade de repetir e amplificar os éxitos acadados nas edicións de 2017 e 2018, que foi cando recalou en Ferrol este singular festival da palabra do que participan distintas vilas e cidades galegas. 

O programa, incluirá narradores internacionais e nacionais que desenvolverán actividades para adultos e cativos na nosa cidade, completamente de balde, para os que compre recoller antes o convite ho horario habitual do teatro. 

Aquí vai un resumo, polo miúdo, das actividades previstas do 14 a 16 en Ferrol. Atentos aos horarios e as localizacións para non ficar coas ganas.


Xoves 14 de marzo

  • “Contos tradicionais do Xapón”, Yoshi Hioki. Biblioteca Municipal, sala de audiovisuales, 18:00 h. De 3-8 años. Invitaciones a retirar en la Biblioteca.
  • “Contos tradicionais do Xapón”, Yoshi Hioki. Centro Cultural Torrente Ballester, 20:30 h. Adultos. Invitaciones a retirar en la taquilla del Jofre.

 

Viernes 15 de marzo

  • “Na miña mochila traio contos”, Pep Bruno. Biblioteca Municipal, sala de audiovisuales, 18:00 h.De 3-8 años. Invitaciones a retirar en la Biblioteca.
  • “Vellos contos de novo”, Pep Bruno. Centro Cultural Torrente Ballester, 20:30 h. Adultos. Invitaciones a retirar en la taquilla del Jofre.

 

Sábado 16 de marzo


  • “Historias de risa sen présa!, Maricuela (espectáculo de clown). Centro Cultural Torrente Ballester, 12:00 h. De 3-8 años. Invitaciones a retirar en la taquilla del Jofre.
  • “Os inocentes”, Quico Cadaval. Auditorio de Ferrol, 21:00 h. Adultos. Invitaciones a retirar en la taquilla del Jofre.

 

 

BREVE CV DOS NARRADORES DESTA VII EDICIÓN

 

Yoshi Hioki


Residente en Barcelona dende 1991. Desenvolve diversas actividades como conferenciante e docente das actividades culturais para o Museo Etnolóxico de Barcelona e a Casa Asia. Dende sempre fascináballe ler e escoitar os contos pero o encuentro ca narradora mexicana Martha Escudero, empuxoulle ao mundo deste espectáculo. Así, dende 1999 adícase a contar principalmente contos, mitos,lendas e relatos literarios de todas as épocas do seu país, Xapón. Os contos tradicionais de Xapón son de temas e aspectos diversos. Dos campesiños de arrozais aos nobres da corte imperial, dos animais e dos monstros. Unha sesión de contos con moitas interaccións por parte do narrador onde o público non só escoitará as historias do país do extremo oriente senon participará, cantará e aprenderá acerca dos costumes e a cultura do Xapón.

 

Pep Bruno


Narrador e escritor con mási de 25 anos de traxectoria, Pep Bruno naceu en Barcelona e vive desde os sete anos en Guadalajara. Licenciado en Filoloxía hispánica e en Teoría da literatura e literatura comparada e diplomado en Traballo social, desde 1994 baseou a súa carreira profesional na creación literaria e na narración de contos. Impulsou e participou en innumerables eventos e festivais de narración oral e participou na organización do Maratón dos Contos de Guadalaxara entre os anos 1994 e 2007. En 2005 puxo en marcha as editorial Palabras do Candil, especializada en libros de narradores orais.

 

Maricuela


Maricuela traballa desde 1992 como clown e contacontos. Imparte talleres de teatro e clown e de narración para nenos, novos e adultos. Escribe en varias revistas especializadas en literatura e narración, ten publicados varios álbums infantís e conta tamén os seus propios contos. Define o seu espectáculo como un conto para cada momento, para un momento apagado sairá un conto aceso, se está triste un conto contento, e se é verde un amarelado. Ten contos de sobremesa, de sobresilla, de sobrechán… para espertar ao leirón e durmir á curuxa e ao moucho. Nun momento, un conto entrará polas orellas, baixará por un tobogán ata a alma e alí quedará asando castañas.


Quico Cadaval


Nado em Ribeira, na Ria de Arousa, onde Deus apoiou o dedo anular no seu día de descanso (o sétimo). O feliz natalício tivo lugar no ano cuatro a.m.M.M. (antes da morte de Marilyn Monroe) nunha taberna, na que medrou. Na sua infancia conviviu con mariñeiros que extraían maxicamente bacallaos salgados das calzas, e anciás que eran quen de mexar de pé con precisión quirúrxica. Polo xeito que ten de falar de si, semella que non tivo avó, -di el de si-  mais si que o tivo. Foi educado por un mestre entusiasta dos castigos físicos e da escritura barroca, na atualidade cronista da vila de Ribeira.


 Na súa época universitaria descoidou os seus estudos de arte para flirtear con o amor, a política e a droga. Recibiu moitas críticas dos seus amigos ‘yonkis’ polo consumo inmoderado de drogas brandas e mostos fermentados. Dirixiu espectáculos de teatro con a presenza de quincalleiras, viúvas de carpinteiro, traficantes de toneis, palilleiras macho, inmigrantes ilegais e ciganas vingativas. Escribiu pezas de teatro protagonizada por traficantes mudos, deusas, piratas (sexo feminino), ociosos, aristócratas pintores, músicos ambulantes e vendedoras de amor polo miúdo. Por se isto fora pouco, é omnívoro.


Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar