Novas

martes, 12 de marzo de 2019

‘FERROL EN LILA’, SÚBETE AO NOSO 8M PARA QUE TENDA AO INFINITO

Lonxe de rematar, as actividades programadas pola concellería de Muller e Igualdade de Ferrol teñen este mércores 13 unha cita obrigada con Ferrol en Lila Será as 19:30 horas no CTB e completase cos dous pases do roteiro teatral mulleres expostas as 19:00 e 20:45


‘FERROL EN LILA’,  SÚBETE AO NOSO 8M PARA QUE TENDA AO INFINITO

Ferrol, 12 marzo.-  A gala ‘Ferrol en Lila’, este mércores 13, centra os actos programados pola concellería de Igualdade e Muller para esta semana dentro da programación deseñada co gallo do 8M.  

Será un acto aberto e de balde este mércores as 19:30 horas no Centro Cultural Torrente Ballester coa proxección de distintos traballos audiovisuais de gran calidade que reflexionan de xeito coral e colectivo sobre as traxectorias vitais e profesionais de mulleres, ferrolás de onte e hoxe, como a mestra Ánxela Ruiz Robles, no documental ‘Mbook: O libro mecánico’, de Cuerda Floja Producción (no Festival de Cine de Málaga).

Na propia gala haberá un coloquio debate coas participantes dos tres capítulos de Ferrol en Lila,  nos que tomaron parte –entre outras- a productora Chelo Loureiro, a xogadora do Baxi Ferrol Carmen Fernández, a surfista Yoli Rodríguez ou a informática Luz Castro.

A gala ‘Ferrol en Lila’ combinase con dous pases do roteiro teatral ‘Mulleres expostas’ as 19:00 e as 20:45 horas, coa participación de catro actrices: Bea García, Cris Mariño, Iolanda Muíños e Celia González baixo a dirección de Jose Prieto, autor da peza.

¿En que consiste Mulleres Expostas? É un roteiro teatral feminista no que unha guía introdúcenos nunha exposición in vivo de mulleres de distintas xeracións –inicios do século XX, franquismo e Transición, século XXI- que falan de xeito crítico e irónico das circunstancias nas que lles tocou vivir. Busca amosar as dificultades que as distintas mulleres tiveron para conseguir avances nas súas vidas, así como salientar todo o moito que aínda queda por acadar.

Ferrol en Lila:

Capítulo 1: Carmen Fernández (xogadora do Uni Ferrol); Lorena 'Cachito' (música); Chelo Loureiro (produtora audiovisual)

Capítulo 2: Marián Bañobre (actriz e produtora teatral); Manuela López (gañadora do concurso 'La mar de ciencia')

Capítulo 3: Luz Castro (informática e profesora universitaria); Miriam Costas (psiquiatra) · Yoli Rodríguez e Isa Gundín (surfistas) 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar