Novas

luns, 08 de abril de 2019

O GOBERNO DE FERROL ADXUDICA A REFORMA DO MERCADO DE CARANZA POR 800.000 EUROS

A XGL tamén adxudicou a dirección de obra para iniciar a rehabilitación de Recimil en 72 vivendas en 10 blocos nas rúas Narón e Dez do Marzal A concelleira de Urbanismo, salientou que están redactados proxectos para renovación interior e exterior de vivendas do barrio por 4,5 millóns É o maior investimento que un Goberno de Ferrol realizou na recuperación do barrio de Recimil Adxudicada a IV fase de mellora da accesibilidade en 238 cruces de peóns en Catabois, Canido, A Malata, Ensanches A e B


O GOBERNO DE FERROL ADXUDICA A REFORMA DO MERCADO DE CARANZA POR 800.000 EUROS

Ferrol, 8 de abril.- O Goberno de Ferrol, en Xunta de Goberno Local celebrada na mañá deste luns 8 de abril, ven de adxudicar tres obras fundamentais, de presente e de futuro para a cidade, en particular para dos barrios singulares como Caranza en Recimil. Intervencións que, en breve, comezarán a tomar forma física para dar unha resposta concreta as demandas históricas da súa veciñanza mais aló das eternas promesas de sucesivas corporacións malia que comezarán con mais demora da que sería desexable, froito de moitas dificultades administrativas.


En primeiro lugar, tal e como informaba hoxe en rolda de prensa a concelleira María Fernández Lemos ao termo da Xunta de Goberno Local, foi adxudicada a REFORMA DO MERCADO MUNICIPAL DE CARANZA, á U.T.E. formada polas empresa PRACE, SERVICIOS Y OBRAS, S.A. e a construtora OBRAS PÚBLICAS SAN EMETERIO por un importe total de 799.515,99 €, co IVE incluído.




¿Qué implica esta obra desde un punto de vista técnico? Tratase dunha reforma moi fonda xa que hai unha reposición total da cuberta, incorporando illamento térmico nos falsos teitos e un frontal totalmente renovado con chapa metálica, novas carpinterías exteriores e novas instalacións eléctricas, de saneamento, abastecemento, ventilación e contraincendios.


Na reforma, tamén se procederá a reparación da estrutura de formigón e reestruturación no interior, con nova distribución dos postos -para os que xa se fixo o sorteo- e reforma da planta semisótano para mellorar o acceso de peóns e mercadorías desde o aparcadoiro. Asemade, implica unha mellora moi notable na accesibilidade do mercado coa incorporación dun elevador público, do que carecía, ademais dun montacargas para os operadores. Unha reforma completa dun mercado municipal na posta polo barrio, polo emprego e polo comercio de proximidade e local.


Ao tempo que foi aprobada a reforma, na Xunta de Goberno tamén se aprobaba o SERVIZO DE DIRECCIÓN DE EXECUCIÓN E COORDINACIÓN DE SEGURIDADE E SAÚDE DA OBRA MUNICIPAL DE REFORMA DO MERCADO MUNICIPAL DE CARANZA. á empresa PROMOVE XESTIÓN TÉCNICA SLP por 18.928,64 euros. obra de reforma de Caranza ten un prazo de execución de 8 meses.


En segundo lugar, hoxe tamén se adxudicou o contrato do SERVIZO DE DIRECCIÓN DE OBRA, DIRECCIÓN DE EXECUCIÓN COORDINACIÓN DE SEGURIDADE E SAÚDE DAS OBRAS DE REHABILITACIÓN DAENVOLVENTE DAS edificacións SITAS NAS NARÓN 1-6 10 DE MARZAL, no barrio de Recimil a Proyfe, por unimporte total de 61.355,07 € co 21% de IVE engadido.


Este paso permite iniciar no inmediato a rehabilitación de 72 vivendas de titularidade municipal nas que se vai a acometer unha obra completa de renovación da envolvente, na mellora da eficiencia enerxética, illamento térmico,soterramento de cableados e renovación da carpintería en fachada e cubertas cun prazo de execución de seis meses. A este primeiro paso seguiranlle, en breve, outras 72 vivendas das rúas Ares e Betanzos, cun investimento de 1,4 millóns de euros.


Este proxecto polo que comezamos agora forma parte dun conxunto de proxectos que temos redactados, por parte da Oficina Municipal de Rehabilitación, proxectos por importe de 4,5 millóns de euros para Recimil, como barrio ARI, e agradecer, desde logo, a implicación e a profesionalide do persoal da oficina”, manifestaba Lemos.


Eterceiro lugar, foi adxudicado o contrato correspondente ás OBRAS DE MELLORA DA ACCESIBILIDADE DE CRUCE DE PEÓNS FASE IV, que tal e como xa informaramos o pasado venres, corresponderonlle á empresa JARDINERÍA ARCE, por un importe total de 263.241,31 euros e un prazo de garantía de SEIS (6) anos. Abrangue 238 pasos de peóns  en Catabois, Canido, A Malata-Porto e Ensanches A e B.



Cómpre sinalar que xa foi contratada a redacción da V fase, salientaba hoxe a concelleira de Mobilidade. Ao termo do mandato 15-19, na suma das cinco fases, serán mais dun milleiro de pasos cun investimento que supera o millón de euros. “Fixemos un traballo exhaustivo en pequenas obras de accesibilidade que fan a nosa cidade mais transitable, nos desprazamentos a pé, para tantos e tantas veciñas con problemas de mobilidade e tamén na mellora do urbano”, resumía a edil.


Por último, na XGL deste luns tamén se deu luz verde a unha relación de facturas por distintos servizos prestados ao Concello por un importe de 200.001,47 euros e prorrogouse, por dous anos mais, o servizo de limpeza e mantemento de caneiros e baixantes das vivendas e do mercado de Recimil que fora axdudicado en maio do 2017 a empresa CYS Hispania, cun gasto plurianual de 61.001,36 € entre tres anualidades, de 2019 a 2021.


Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar