Novas

mércores, 10 de abril de 2019

ESTE XOVES ENCHEMOS O AUDITORIO NA XXVII EDICIÓN DA MOCIDADE COA LINGUA

O Concello e a Coordinadora de Equipas de Normalización cooperan un ano mais, e van 27, neste festival da lengua Será este xoves 11, de 10 a 13:00 horas, no Auditorio de Ferrol


 ESTE XOVES ENCHEMOS O AUDITORIO NA XXVII EDICIÓN DA MOCIDADE COA LINGUA

Ferrol, 10 de abril.- O Concello de Ferrol e a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, cooperan, un ano mais -e xa van 27 edicións-, no desenvolvemento dunha nova edición do festival musical “A mocidade coa lingua”, que neste 2019 volve a ocupar o Auditorio de Ferrol nun festival, animado e dinámico, coa participación de nove grupos noveis de distintos centros educativos da comarca.

 

Será este xoves, 11 de abril, entre as 10 e as 13:00 horas,  horas, no Auditorio de Ferrol coa participación de aproximadamente 700 rapaces e rapazas de varios centros educativos da comarca, que achegan as actuacións musicais de varios grupos noveis do CPI Atios, CPR Tirso de Molina, IES Terra de Transancos, IES de Fene,    IES Carvalho Calero, IES Fernando Esquío e IES Sofía Casanova.

                                                                                                                                                                    

Será o concelleiro de Participación e Normalización Lingüística, Álvaro Montes Celeiro, o encargado de abrir o acto e animar aos mozos e normalizar en galego en todos os eidos da súa vida, desde a música ao whatsapp pasando pola ciencia e o amor. 


Este Festival musical subirá ao gran escenario do Auditorio de Caranza a nove grupos escolares noveis de música en galego con Erro 404, Rap-azas, Mek E Trefes, Coro Solidarium, Valentina Barrifa, Arredemo, Os Combinantes, Indianos e Son do Sofía, ademais da actuación profesional de MJ Pérez.


Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar