Novas

venres, 12 de abril de 2019

FERROL ACOLLE A 30 EDICIÓN DA FESTA DA LECTURA, DO LIBRO E DA PALABRA

Do 23 ao 27 de abril, na Praza da Constitución con descontos e agasallos Abrimos o martes as 19:30 con Ánxela Loureiro como pregoeira e o Real Coro de Toxos e Froles


FERROL ACOLLE A 30 EDICIÓN DA FESTA DA LECTURA, DO LIBRO E DA PALABRA

Ferrol, 12 de abril.- Hoxe presentamos con moita ledicia a XXX edición da Festa da Lectura, do Libro e da Palabra que se vai a desenvolver en Ferrol do 23 ao 27 de abril, na Praza da Constitución. 

A feira, que chega a súa trixésima edición, foi presentada hoxe no Pazo Municipal polo Concelleiro de Cultura, Suso BasterrecheaNani Regueira Fernández, como coordinadora Xeral da Federación de Libreiros de Galicia, e Jesús Espada Martínez, na representación da Xunta na Coruña. 

O pregón inaugural, o  martes 23, a volta da Semana Santa, a cargo da escritora ferrolá Ánxela Loureiro, co Real Coro de Toxos e Froles

Temos para vós un programa completísimo de actividades, con obradoiros e contacontos, descontos do 10% nas compras e agasallos, coa implicación da Biblioteca Municipal de Ferrol, todo un referente da cultural local.  Podedes consultar o programa completo nas nosas redes sociais. 

Ao remate desta 30º edición da Feira, iniciarase, do 1 ao 14 de maio, a Feira do Libro Antigo e de Ocasión no mesmo espazo.  Non perdas detalle e non deixes de vir, que non se fan 30 anos todas as feiras!!

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar