Novas

martes, 07 de maio de 2019

¿QUEREDES APRENDER A 'PILOTAR' UN DRON?

A Concellería de Mocidade ven de abrir hoxe o prazo para anotarse o curso de manexo de drons Para a mocidade de 14 a 30 anos que se anoten no Rexistro do 7 ao 10 de maio. Vaise impartir na Casa da Xuventude os sábados 18 e 25 e 1 e 8 de xuño nas mañás


¿QUEREDES APRENDER A 'PILOTAR' UN DRON?

Ferrol, 7 de maio.- A Concellería de Mocidade ven de abrir hoxe o prazo para que vos anotedes nun curso ben novidoso para o  manexo de drons.  O prazo para vai do 7 ao 10 de maio, ambos inclusive. 


Está destinado a mozas e mozos de 14 a 30 anos, e o criterio de admisión será por rigorosa orde de entrada no Rexistro Municipal onde xa están as solicitudes a disposición dos interesados. Polo demais, o curso é de balde. 

O listado de admitidos será publicado no Taboleiro da páxina web do Concello de Ferrol.  

O curso, vaise impartir na Casa da Xuventude, na rúa Almedra, 9 os sábados: 

Maio: 18 e 25 de maio, 
Xuño: 1 e 8 de xuño

Horario: de 10:00 a 14:00 horas. 

Nas nosas redes podes atopar mais información sobre os contidos e obxectivos deste curso de balde para a mocidade.



Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar