Novas

martes, 07 de maio de 2019

FERROL, DE FRORES CUBERTO

Este venres 10 celebramos a IV edición dos nosos maios cunha gran festa intercentros na Praza de España coorganizada polo Concello e a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística desta volta, contamos con carpa para plantarlle cara a choiva, se é que ven, e con Teatro dos Ghazafelhos e Pakolas na animación de 10:30 a 12:30


FERROL, DE FRORES CUBERTO

Ferrol, 7 de maio.- Este mediodía presentamos en rolda de prensa unha actividade que nos fai particular ilusión, marcada, nas últimas edicións, polo mal tempo, pero que sigue medrando en participación e centros, e que organiza o Concello, desde a área de Educación, e a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra (CENLF). 

Este venres festexamos a IV edición de Ferrol, de Frores Cuberto, os nosos Maios escolares para preto de 2.000 pequenos e pequenas de 14 centros educativos do noso municipio. Será, tal e como avanzaba hoxe o concelleiro de Educación, Suso Basterrechea, o venres 10 desde as 10:30 baixo carpa na Praza de España, ate as 12:35 aproximadamente cunha chea de actuacións e actividades que vos detallamos a continuación.  O edil de Educación comparecía acompañado de Xil López e Pim Patiño, como representantes da CENLF. Froito do traballo conxunto, un ano mais, afondase na celebración desta gran festa intercentros cuns maios compartidos. 
FERROL, DE FRORES CUBERTO

Relación de centros que participan:

CEIP de Pazos
CEIP Manuel Masdías
CEIP A Laxe
CPR San Rosendo
CPR CompañíaMaría
CEIP CRUCEIRO DE ANIDO
CRISTO REY
CEIPPONZOS
CEIP ESTEIRO
CEE Terra de Ferrol
CPR Ludy
CEIP ISAAC PERAL
CEIP DE JUAN LÁNGARA
CPR Santa Plurilingüe de Xoana Lestonnac

O evento arranca as 10:30, conducido por Teatro Ghazafelhos, e Pakolas. Agradecer a colaboración de Gadisa, cunha merenda saudable para 2.000 pequenxs con auga e froita fresca. Transportes Prieto ocuparase nestes días de trasladar os Maios elaborados en cada centro educativo a Praza de España para esta festa intercentros.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar