Novas

martes, 07 de maio de 2019

TEATRO CON G, ARRANCA ESTE MÉRCORES CON 17 REPRESENTACIÓNS DE TEATRO PROFESIONAL E ESCOLAR DE 9 CENTROS

Por aquí vos deixamos o cartel completo coas representacións deste programa que é froito da colaboración entre o Concello e a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra


TEATRO CON G, ARRANCA ESTE MÉRCORES CON 17 REPRESENTACIÓNS DE TEATRO PROFESIONAL E ESCOLAR DE 9 CENTROS

Ferrol, 7 maio.-  Este mércores 8 de maio, retomamos -un ano mais- o programa Teatro con G, coorganizado pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra con apoio do Concello de Ferrol, a través de Educación e Normalizaicón, no que participan un total de 9  centros escolares con alumnado de diversas idades para representar  12 obras de teatro afecionado as que se suman outras 5 de teatro profesional. 

A intención, tal e como recordaba hoxe o concelleiro de Educación e Cultura, Suso Basterrechea, é conseguir, por medio do teatro, máis espazos de socialización onde os meniños, os nenos e a mocidade se poidan desenvolverse na nosa lingua a través do teatro, que ten a triple 'compoñente lingüística, creativa e cooperativa?.

A primeira función terá lugar este mércores 8, no teatro Jofre, enfocada para un público infantil, con 'Nube Nube Sol', en dobre sesión as 10 e as 12:00 horas. Tamén haberá outras destinadas a crear novos públicos en Primaria, Educación Especial e aptas para todos os niveis.

Vai o cartel completo coas 17 obras que se van a representar e os 9 centros que participan con 12 funcións na categoría escolar e os distintos espazos nos que se representan, desde o Teatro Jofre, ao Auditorio, pasando pola capela do CTB con funcións enfocadas a Educación Infantil, Primaria, Eso e Educación Especial coa participación do CEE 'Terra de Ferrol'.



Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar