Novas

martes, 07 de maio de 2019

ESTE VENRES, TEMOS UNHA CITA COA INNOVACIÓN XUVENIL NO VI MINIMARKET

O alcalde, Jorge Suárez, e o presidente de AJE, Luis González, presentaron hoxe a 6ª edición dun evento singular que suma 51 proxectos de 14 centros con 220 alumnxs O minimarket abre as portas o venres 10 as 18:00 horas e repartirá 1.500 euros en premios as mellores ideas e proxectos empresariais


ESTE VENRES, TEMOS UNHA CITA COA INNOVACIÓN XUVENIL NO VI MINIMARKET

Ferrol, 7 de maio.-  O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, e o presidente de AJE, Luis González Rey, presentaron este martes  a VI edición do Minimarket Emprende Xove, que se celebra este venres 10 de maio e que conta co impulso económico do Concello de Ferrol ao emprendemento e a promoción do emprego. 

Desta volta, tal e como subliñaron hoxe en rolda de prensa, toman parte 14 centros da contorna con aproximadamente 220 alumnos e un total de 51 proxectos que apostan polo emprendemento e a innovación. 

O alcalde, Jorge Suárez, salientou 'o estímulo que supón transformar unha idea nunha posibilidade de negocio como ferramenta de futuro e motor para xerar ilusión', ademais de destacar a colaboración entre Administracións: Concello de Ferrol, Narón e Deputación da Coruña, en torno a AJE, para facer realidade este proxecto de Minimarket que este ano chega a sexta edición. 

 O obxecto do concurso “Ferrolterra Emprende Xove-Minimarket” é o de promover entre o colectivo de estudantes de Ferrolterra, Eume e Ortegal a presentación dunha “idea innovadora” ao mesmo tempo que sexa viable economicamente,destacando polos seus criterios de sostenibilidade e responsabilidade. 

Trátase de fomentar valores como a superación persoal ademais da responsabilidade, incentivar a perseveranza no estudo, aportar experiencias reais, novas perspectivas ao sistema educativo e propoñer ao estudante que aproveite os seus estudos como un exemplo e inspiración para unha sociedade en o coñecemento no desenvolvemento. 

Participan na presente convocatoria os estudantes da ESO, estudantes de Bacharelato e estudantes de Formación Profesional que se atopen matriculados no ano 2018/2019.  

Repartiranse 1.500 euros en premios en catro vales de 500 euros ao mellor proxecto ou idea empresarial e outros dous valorados en 250 € cada un e repartidos entre os accésits. 

O minimarket abre as súas portas as 18:00 horas deste venres 10 no pavillón de As Lagoas (Narón). 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar