Novas

xoves, 09 de maio de 2019

LILAPP, UNHA APLICACIÓN PARA A IGUALDADE 100% FEITA NO CONCELLO

Hoxe presentamos unha app contra os machismos froito do esforzo das técnicas de Igualdade e do Centro de Recursos Informáticos do Concello de Ferrol. Xa está a vosa disposición para a descarga na PlayStore dos dispositivos Android e contén unha ferramenta de xeolocalización con alerta ao 112


LILAPP, UNHA APLICACIÓN PARA A IGUALDADE 100% FEITA NO CONCELLO

Ferrol, 9 maio. Chámase LilApp. Unha aplicación para ANDROID froito do traballo conxunto da Concellería de Igualdade e do Centro de Recursos Informáticos do Concello de Ferrol. 

Hoxe vimos de presentar un proxecto que nos fai especial  ilusión por todo o inxente traballo que ten detrás, tal e como subliñaba hoxe a concelleira de Igualdade, Muller e Mocidade, Saínza Ruiz

É moi significativo, salientou, 'que fose feita con recursos propios do municipio, co esforzo e do bo facer dos técnicos e funcionarios de Ferrol e por ser unha ferramenta de loita contra a violencia machista e pola educación en Igualdade.  

Particularmente fachendosos da súa compoñente didáctica  e lúdica (con repaso polas grandes mulleres da historia de Ferrol: Ánxela Ruiz Robles, Concepción Arenal,...)  de que contén glosario propio, un test de prevención de violencias machistas en distintos niveis, e tamén no apartado de xeolocalización cun apartado de alerta para que as e os usuarios poidan compartir a súa localización, se o estiman oportuno se, por exemplo, regresan camiñando a casa ou saen a correr. 

A aplicación ten un botón de chamada e alerta directa ao 112 por se sufrisen algún percance

Na presentación, este mediodía no Pazo Municipal, xunto co alcalde, Jorge Suárez, e a concelleira de Muller, Saínza Ruiz, unha funcionaria da Concellería de Igualdade, Chus Olivares, e Fernando Gutiérrez, do Centro de Recursos Informáticos do Concello. 

"É un éxito colectivo e froito dunha aposta polo feminismo, porque é unha ferramenta innovadora para unha sociedade que está a mudar pero na que aínda queda moito por percorrer", manifestaba o rexedor, que daba os seus parabéns a todos os que se implicaron para facela posible. 

"Está deseñada para que poida levarse aos centros educativos e empregarse nas aulas, tamén contén xogos e un glosario de termos propio", salientaba Ruiz, que facía fincapé no apartado de xeolocalización  da app como "un dos que estamos mais fachendosos por todo o que permite". 

A aplicación xa está a disposición de todos para a descarga na tenda de aplicacións PlayStore e podedes atopar mais info nas nosas redes sociais. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar