Novas

martes, 21 de maio de 2019

RAPHAEL PROTAGONIZA O ESPECIAL “INIMITABLES” DA TVG NO JOFRE

A gravación deste programa especial da Televisión Galega será o xoves 30 as 20:00 horas. A veciñanza de Ferrol poderá asistir como público ao evento coa retirada previa de convite a partir do xoves 23 na billeteira no horario habitual. Repartiranse as entradas por orde de chegada, cun máximo de dúas por persoa e sortearanse cinco entradas dobres nas redes sociais do Concello de Ferrol. O público terá que acceder ao Teatro o xoves 30 as 19:00 e ficarán ate o remate do programa, que se emitirá posteriormente na TVG


RAPHAEL  PROTAGONIZA O ESPECIAL “INIMITABLES” DA TVG NO JOFRE

Ferrol, 21 de maio.- O Teatro Jofre será o escenario escollido polo artista Raphael para facer a gravación dun especial “Inimitables” da Televisión de Galicia que combina a entrevista coa interpretación de varios temas do seu amplísimo repertorio.

 

Esta cita singular terá lugar o vindeiro xoves, 30 de maio, no teatro de Ferrol. A gravación comezará as 20:00 horas, cunha duración estimada de 90 minutos. O acceso do público realizarase de xeito ordenado. Ao ser a gravación  dun programa pregamos que o público estea unha hora antes, ás 19:00, para que todo estea listo segundo o plan de gravación previsto.

 

Os convites para asistir a este programa especial da TVG son de balde. En total, 376 entradas que se repartirán por rigorosa orde de chegada. Os interesados poderán recoller un máximo de dous convites por persoa, e deixar os seus datos persoais a fin de evitar duplicidades. Poderanse retirar desde o xoves 23, no horario habitual da billeteira do Jofre, de 11 a 13:00  horas e de 18:00 a 20:00 horas ate encher o recinto. Cómpre ter en conta que a fin de semana, o teatro ficará pechado por mor da xornada electoral.

 

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Cultura, colabora coa TVG para facilitar a gravación deste programa especial adicado a Raphael na nosa cidade, pon todos os convites a disposición da veciñanza, sen reservas de ningún tipo.

 

Ademais, sortearanse cinco entradas dobres entre os veciños e veciñas a través das redes sociais do Concello de Ferrol para ofrecer mais oportunidades de presenciar este espectáculo que repasará, en primeira persoa, momentos da vida e da traxectoria musical dun dos grandes nomes da escena de todos os tempo. 

Foto: El País. Concerto en Sant Jordi. BCN.

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar