Novas

xoves, 23 de maio de 2019

QUERE O TEU MERCADO, ESTE SÁBADO MERCAR NA MAGDALENA, RECIMIL OU CARANZA PODE TER PREMIO

Celebramos o Día Internacional dos Mercados este sábado, 25 de maio, cunha chea de actividades musicais, obradoiros de cociña para nenos e premios directos de rasca e gana nos tres mercados do noso Concello


QUERE O TEU MERCADO, ESTE SÁBADO MERCAR NA MAGDALENA, RECIMIL OU CARANZA PODE TER PREMIO


Ferrol, 23 maio.- Achegamos información das actividades que se van a desenvolver este sábado, 25 de maio, co gaio do Día Internacional dos Mercados nos tres centros municipais de Ferrol, con actividades musicais, obradoiros infantís (con reserva) e rasca e gana con premios directos: 

Campaña ? QUERE O TEU MERCADO ?  

Este sábado 25 de Maio, co gaio do Día Internacional dos Mercados,  Recimil, A Magdalena e  Caranza presumen  de Mercado con actividades variadas coma concertos, show cooking, e  obradoiros infantís e premios directos de rasca e gana. 

Ademáis durante toda a xornada, os placeiros ofrecerán aos seus clientes agasallos coma bolsas da compra, mandiles e libretas. 

Recimil: No Mercado de Recimil, poderás desfrutar dunha mañá de terraceo nos aledaños do mercado cos grupos locais Far Away Place, unha banda de Hard Rock con un directo impresionante,  e Niño Gurú cunha proposta acústica revisionando temas coñecidos dos anos 60, 70 e 80.

Ademáis realizarase tanto no Mercado de Recimil coma no da Magdalena, o Obradoiro infanti O Mercado Mola, para nenos e nenas a partir de 6 anos e con inscrición previa no ?608 065 276. 

O obradoiro  centrarase no coñecemento e funcionamento do mercado, os produtos e os oficios, xogando e reflexionando sobre os modelos de consumo.

A Magdalena: Outra das actividades do Mercado da Magdalena será un Show Cooking coa chef Marisol de Avec Plaisir, que elaborará prácticas receitas con produto fresco de mercado: Salmorejo con ovo e xamón, Tabulé (cous cous con tomate, cebola e polo) e Vasiños de iogur con froitos vermellos e crema de mango.

O horario é de ?11:00 a 13:00, e podes deixar aos pequenos no obradoiro O Mercado Mola , mentres aprendes coa nosa Chef.

Caranza: Finalmente, no Mercado de Caranza, haberá premios directos de Rasca e Gana! repartiranse 30 premios ao longo da mañá cun valor total de 300€, ademáis de todos os agasallos para os que se acheguen este sábado ao Mercado.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar