Novas

xoves, 30 de maio de 2019

ORGULLO CRÍTICO, ORGULLO DE CIDADE

Este sábado, 1 de xuño, desde as 17:00 horas na Praza Vella celebramos o Día Internacional das Diversidades Sexuais con pulo de Igualdade+Avante LGTBI Bótalle unha ollada ao noso programón con charlas, coloquios, concerto de Las Antonias desde as 21:00 horas e DJ Nüca en directo


ORGULLO CRÍTICO, ORGULLO DE CIDADE

Ferrol, 30 de maio.- Aquí vos achegamos o cartel da presentación da festa do Orgullo LGTBI que imos celebrar este sábado 1 de xuño na Praza Vella de Ferrol, organizada desde a Concellería de Igualdade.  

Foi presentada este mércores, en rolda de prensa no Concello, pola concelleira de Muller, Igualdade e Mocidade, Saínza Ruiz, e tres representantes do colectivo AvanteLGTBI, de Ferrol: Sara Díaz, Xiana González e Ana Amigo. 

Os actos arrancan o sábado as 17:00 da tarde, co coloquio con colectivo coa participación da concelleira, a que seguirá, as 18:00 unha charla de Brigitte Vasallo, presentada por Cristy Tojo de Lésbicas Creando. A partires das 21:00 na propia praza, concerto de Las Antonias+Nüca DL Live Set, un DJ da nosa cidade na fin de festa logo do que será a inesquecible actuación de Las Antonias 'con moitas sorpresas'. 

'Agardamos que se continúe no vindeiro mandato con esta linea de visibilización, de feminismos e de LGTBI nesta cidade que penso que, son realmente, os que pararon moitos gobernos de dereitas tanto no Estado como nos municipios para que se poida continuar nesta linea que é o que a sociedade demanda', manifestou Ruiz. 

Achegamos o cartel do evento deste sábado, 1 de xuño, na Praza Vella.  O deseño é da compostelana Maru Astray. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar