Novas

luns, 03 de xuño de 2019

¡¡AÚPA RACING!!CELEBRAMOS CO EQUIPO O ASCENSO A SEGUNDA B CO APLAUSO QUE MERECEN

Súmate a homenaxe institucional do Concello de Ferrol polo ascenso do equipo a Segunda B Estaremos cos xogadores no balcón do Teatro Jofre este martes as 20:00 horas celebrando o ascenso na Praza de Galicia. ¡¡Vinde todas!!


¡¡AÚPA RACING!!CELEBRAMOS CO EQUIPO O ASCENSO A SEGUNDA B CO APLAUSO QUE MERECEN

Ferrol, 3 de xuño.- Co gallo do merecido ascenso do Racing de Ferrol a Segunda B e para festexalo coa afección e a veciñanza, o Concello de Ferrol vos convida a asistir este martes 4, as 20.00 horas no Teatro Jofre a recepción institucional aos xogadores e técnicos do club verdibranco. 


No interior do teatro terá lugar a recepción institucional ao equipo, que será convidado a asinar no Libro de Ouro da nosa cidade. Posteriormente, saída ao balcón do primeiro andar para compartir este ascenso cos afeccionados/as na Praza de Galicia, a pé do Teatro. 


RECEPCIÓN INSTITUCIONAL AO RACING DE FERROL 

MARTES 4 DE XUÑO 20:00 HORAS 

TEATRO JOFRE



Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar