Novas

xoves, 06 de xuño de 2019

O CONCELLO OFERTA 840 PRAZAS EN CAMPAMENTOS DE VERÁN PARA NENXS DE 3 A 13 ANOS

Este xoves 6 as 9:00 ábrese o prazo para presentar as solicitudes no Rexistro Municipal ou na web ate o 13 de xuño por rigosoro orde de entrada. Ofértanse 840 prazas para menores de 3 a 13 anos distribuídas entre catro quincenas e cada familia poderá escoller as dúas que mellor se adapten as súas necesidades


O CONCELLO OFERTA 840 PRAZAS EN CAMPAMENTOS DE VERÁN PARA NENXS DE 3 A 13 ANOS

Ferrol, 5 xuño.-  O PequeEduca Verán 2019 xa está en marcha. Este xoves 6, as 9:00 horas, ábrese o prazo no Rexistro Municipal -ou ben a través do  rexistro web- para que as familias con meniños de 3 a 13 anos poidan optar as 840 prazas que oferta o Concello de Ferrol, a través da Concellería de Igualdade, para conciliar no verán con oito espazos diferenciados tanto no urbano como no rural para chegar a toda a veciñanza e favorecer,  realmente, a conciliación.

 

Os PequeEduca 2019 redobran aposta do pasado ano por multiplicar espazos tanto nos barrios como nas parroquias, flexibilizando os tempos por quincenas –cada solicitante pode optar a dúas nos períodos que mais se adaptan as súas necesidades ate sumar un mes completo- con campamentos urbanos e rurais de 8:30 a 14:30 horas de luns a vernes do 1 de xullo ao 31 de agosto.

 

Así o explicaba hoxe a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Mocidade, Saínza Ruiz, na rolda de prensa na que este mércores daba a coñecer a amplísima oferta dos campamentos estivais do Concello de Ferrol, que incrementan un 30% o orzamento con respecto aos mandatos anteriores e que son froito dun contrato adxudicado logo dun procedemento público e aberto.

 

 

 

840 prazas en campamentos completamente de balde, nos que aprender e desfrutar xogando, afondando na igualdade entre xéneros e na educación como ferramenta de futuro. A contía que se destinou neste ano 2019 aos campamentos PequeEduca de Verán, ademais dos que se ofertaron nos períodos non lectivos de Pascua e Nadal, tal e como manifestaba hoxe Ruiz, ascendeu a 69.766, 08 euros.

 

O prazo para solicitar as prazas, tal e como expuxo hoxe a concelleira, ábrese mañá, xoves 6 as 9:00 horas no Rexistro do Concello, e pódese facer a solicitude tanto de xeito físico e presencial na pranta baixa do Pazo Municipal no horario habitual, de luns a venres de 9 a 14:00 horas, como no rexistro web, a través de www.ferrol.gal. O prazo estará aberto ate as 14:00 horas do 13 de xuño e a solicitude pódese descargar na propia web municipal, no taboleiro de anuncios.  

 

Os requisitos son que os nenos teñan de 3 a 13 anos, empadroados no municipio nunha cidade que aposta pola infancia e o benestar, desde a conciliación. Os campamentos PequeEduca son froito dun proceso de contratación público e aberto e as prazas se asignan por rigoroso orde de entrada e rexistro.  Estímase que as listaxes provisionais de admitidos se publiquen no Taboleiro de Anuncios e na web municipal en torno ao 18 de xuño. O prazo de reclamacións irá do 19 ao 25 de xuño para subsanar erros e achegar documentación, se fose o caso.

 

PEQUEEDUCA DE VERÁN 2019 DISTRIBUIDOS POR QUINCENAS EN XULLO (500 PRAZAS) E AGOSTO (340)

 

En total, tal e como salientaba Ruiz, a distribución dos campamentos neste verán 2019 faise por quincenas: 500 prazas no mes xullo e 340 prazas en agosto repartidas deste xeito:

 

Do 1 ao 15: 70 no rural+180 urbano

Do 16 ao 31 de xullo: 70 no rural+180 no urbano

Do 1 a 15 agosto :  50 no rural+120 no urbano

Do 16 ao 31 de agosto: 50 no rural+120 no urbano

 

De luns a vernes (non festivos) de 8:30 a 14:30 horas.   

 

 “As familias poden optar a dúas quincenas por cada menor, é dicir, un mes completo pero deste xeito, por quincenas, intentamos flexibilizar un sistema ríxido que era para o mes completo”, explicaba Ruiz.

 

Os PequeEduca 2019 suman oito localizacións. No urbano, Ludoteca da Praza de España, Casa da Xuventude, Centro Cívico de Canido e Ferrol Vello, ademais do Pavillón de Santa Mariña. No rural, AVV de Serantes, AVV de Covas e AVV de Esmelle.

 

Ademais da necesaria conciliación, os campamentos de Verán do Concello de Ferrol perseguen outros obxectivos entre os que se contan promover hábitos de vida saudable, educar en igualdade, desterrar os estereotipos, coñecer o barrio e descubrir os oficios.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar