Novas

xoves, 20 de xuño de 2019

Visitas ás dependencias municipais por parte do alcalde, Ángel Mato.

Continúa o programa de visitas ás dependencias municipais por parte do alcalde, Ángel Mato, e o seu equipo de goberno.


Visitas ás dependencias municipais por parte do alcalde, Ángel Mato.

Ferrol, 20 xuño.-  As dependencias municipais, co seu respectivo persoal, seguen recibindo esta primeira semana de mandato a visita do alcalde, Ángel Mato, das concelleiras e concelleiros que integran o grupo socialista.

Así, na mañá do xoves, a comitiva, con Mato á cabeza, realizou un percorrido polas instalacións do Sánchez Aguilera (actual depósito de vehículos), o Centro Municipal de Emprego de Catabois, o Cemiterio Municipal, o Parque de Servizos e o Centro Cívico de Caranza. A xornada rematou no centro cultural Carvalho Calero.

Mato escoitou nesta primeira visita a ditas instalacións as demandas do persoal, así como as demandas sobre a situación ee cada un destes espazos municipais.

O centro cultural Torrente Ballester e Aquaciencia serán os seguintes espazos que visitarán o alcalde e as e os integrantes do grupo de goberno.

Carvalho Calero

Por outra banda, Mato quixo destacar e valorar a decisión de adicar o Día das Letras Galegas ao lingüista e literato ferrolán Ricardo Carvalho Calero e destacou a súa importante achega á lingua galega así como o seu vencellamento coa cidade.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar