Novas

xoves, 27 de xuño de 2019

Participación do alcalde nos actos de celebración do 25 aniversario de Teima

O alcalde, Ángel Mato, participou esta mañá coa familia de Teima Down Ferrol na súa festa de conmemoración do seu 25 aniversario


Participación do alcalde nos actos de celebración do 25 aniversario de Teima

A celebración tivo lugar durante toda a xornada do xoves no parque municipal Raiña Sofía, que a longo do día acolleu actuacións de  músicos e artistas da nosa comarca. Tamén se elaborou un mosaico cooperativo entre todas as persoas asistentes e distintas mostras alusivas a estes 25 anos de traxectoria, entre elas o propio rexedor e as concelleiras do grupo de goberno María Teresa Deus e Eva Martínez.
O alcalde asegurou que o Concello de Ferrol continuará apoiando a política de  participación e integración social das persoas con algún tipo de diversidade funcional.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar