Novas

xoves, 27 de xuño de 2019

As praias de Doniños, San Xurxo, Esmelle e A Fragata xa ondean as súas bandeiras azuis

As bandeiras azuis concedidas este verán por Adeac a Esmelle, A Fragata-Covas, Doniños e San Xurxo, xa ondean nestes areais.


As praias de Doniños, San Xurxo, Esmelle e A Fragata xa ondean as súas bandeiras azuis

Na mañá do mércores, o alcalde, Angel Mato Escalona, xunto con concelleiros e concelleiras ferrolás, asistía ao acto oficial do izado de dita bandeira azul na praia de San Xurxo.
Julián Reina, Maite Deus, Eva Martínez, Germán Costoya e Ana Lamas polo grupo municipal socialista, e Alejandro Padilla e José Tomé polo grupo municipal do Partido Popular, estiveron presentes neste acto, que consistiu no izado por parte do rexedor e dos edís de maior e menor idade da corporación, José Tomé e Ana Lamas, respectivamente.
O obxectivo do grupo de goberno pasa por non só manter este recoñecemento internacional a estas catro praias, senón incrementalo noutros areais, xa que este galardón supón un recoñecemento que merece o que é uns dos principais tesouros naturais de Ferrol.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar