Novas

martes, 30 de xullo de 2019

Os nenos do campamento da praza de España reuníronse coas concelleiras de Igualdade e de Benestar

Cristina Prados e Eva Martínez pasaron uns intres cos pequenos na ludoteca e atenderon ás súas preguntas


Os nenos do campamento da praza de España reuníronse coas concelleiras de Igualdade e de Benestar

Os nenos que participan no campamento de verán que ten lugar na ludoteca da praza de España recibiron a visita das concelleiras de Igualdade, Cristina Prados, e de Benestar Social, Eva Martínez. As edís puideron acompañar a os pequenos durante uns intres e interesáronse polas actividades que están a desenrolar. Despois, atenderon ás preguntas dos cativos, que mostraron moita curiosidade polas figuras dos cargos públicos.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar