Novas

martes, 30 de xullo de 2019

As rúas de Ferrol Vello acollerán esta fin de semana a Feira Medieval

Os expositores repartiranse por San Francisco, Benito Vicetto, a praza Vella, o Rastro e a alameda do Carbón


Ferrol Vello converterase esta fin de semana nun mercado da Idade Media cheo de actividades e espectáculos pensados para facer gozar a todos os públicos. O concelleiro de Festas, Antonio Golpe, e o promotor da Feira Medieval de Ferrol, Anxo Fernández, presentaron onte no pazo municipal este evento, co que colabora o Concello e que se celebrará dende a mañá do venres 2 de agosto ata a noite do domingo 4 nas rúas de San Francisco, Benito Vicetto e do Rastro, na prazas Vella e de Juan Sebastián Elcano e na alameda do Carbón.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar