Novas

luns, 02 de setembro de 2019

O alcalde invita aos ferroláns a encher o estadio da Malata para o partido benéfico do Memorial Moncho Rivera

O Racing e o Deportivo enfrontaranse o mércores ás 20 horas


O alcalde invita aos ferroláns a encher o estadio da Malata para o partido benéfico do Memorial Moncho Rivera

Esta mañá presentouse no pazo municipal a 21.ª edición do Torneo Victoria Memorial Moncho Rivera, que organiza o equipo coruñés coa colaboración de Hijos de Rivera e que este ano se disputará no estadio da Malata. A recadación irá destinada integramente a Aspaneps e Asfedro, cuxas presidentas agradeceron ao Concello e a Hijos de Rivera ter contado con ambas institucións, o que as axudará a “seguir cumprindo cos obxectivos” que perseguen.
O presidente do Racing, José Criado, expresoulle tamén o seu agradecemento a Ignacio Rivera por facer posible un evento “que é moito máis que un partido de fútbol”. O do Deportivo, Francisco Martínez Zas, destacou que “este ano marca un punto de inflexión” na relación entre ambos equipos e afirmou que “nunca antes colaboraran tanto”. Tamén interveu o presidente do Victoria, que invitou á sociedade “tanto coruñesa como ferrolá” a asistir “masivamente” ao encontro.

Conta para doazóns
Pola súa banda, o CEO de Hijos de Rivera mostroulles o seu agradecemento tanto ao Racing como ao Deportivo e ao Concello de Ferrol pola súa colaboración. “Diunos todas as facilidades do mundo”, dixo ante o alcalde, Ángel Mato, tamén lle agradeceu “este xesto coa cidade”. Mato felicitouse de que a Malata acolla un evento desta magnitude e con un fin social tan importante. Por iso, invitou a todos os ferroláns e ferrolás a encher o estadio e lembrou que existe unha conta cunha fila cero para quen queira aportar doazóns a esta causa.
As entradas para o partido pódense adquirir a través de Internet, dos clubs de fútbol de Ferrol e da Coruña e no propio estadio o mesmo día do encontro a partir das 12.00 horas.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar