Novas

martes, 03 de setembro de 2019

O alcalde visita coa conselleira de Infraestruturas o estado das obras do saneamento do área da Malata

Ethel Vázquez comprometeuse a que a actuación integral da ría estará rematada a mediados do próximo ano


O alcalde visita coa conselleira de Infraestruturas o estado das obras 
do saneamento do área da Malata

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, o concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, e a concelleira de Obras, Ana Lamas, acompañaron hoxe á conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, na súa visita ás obras de saneamento da área da Malata. Tamén asistiron a voceira adxunta do grupo municipal do PP, Martina Aneiros, e o concelleiro do PP Alejando Padilla.
Ángel Mato agradeceu á Xunta que “destinara fondos europeos á ría de Ferrol” e lembrou que “desde hai 15 anos está a facerse un importante esforzo polo saneamento da ría de Ferrol e xa estamos preto”. Reiterou a súa vontade para que “co esforzo da administración local, da Xunta e da administración central podamos poñer un punto final a esta obra tan necesaria para Ferrol”. Entre as distintas administracións, o presuposto do saneamento integral da Ría é de case 230 millóns de euros e estará rematado a mediados do próximo ano, según explicou Ethel Vázquez.
O alcalde aproveitou a visita da conselleira para entregarlle “o traballo que fixemos en relación co río da Sardiña”. Neste senso, asegurou que “é importante que todas as administracións aproveitando os fondos que temos de Europa podamos traballar conxuntamente” para completar “no só a depuración de auga en a zona urbana, senón tamén no rural”. Ángel Mato recordou que este camiño “que se iniciou hai más de una década con todas as administracións está moi cerca de poder ter un punto final”. Tamén agradeceu a “boa disposición da Xunta para poder seguir traballando” e que hai que pensar “nos veciños de esta cidade que levan moito tempo esperando o saneamento”.
O alcalde quixo tamén recordar que hai un “amplo respaldo de todas as forzas políticas para que este mandato aborde de verdade o saneamento del rural e vamos a dar pasos a lo largo desta lexislatura”.
Sobre a estación intermodal, o alcalde aproveitou o encontro para recordar que “non ten ningún sentido falar de ela se non están las conexións resoltas”. No seu momento, e como senador “con otrou goberno en España, dixen que de nada serve poñer parches a una infraestrutura que require dun novo trazado”. Neste senso dixo que “hai que ir moito máis alá de reducir os tempos de viaxe en tren en 10 minutos entre Ferrol e A Coruña, tal e como planteou no seu momento a Xunta”. Reiterou que Ferrol “necesita estar no eixo atlántico de transporte de persoas” e lembrou que "o novo trazado ten que ter un tempo de viaxe entre as dúas cidades de aproximadamente 30 minutos. Iso fará competitiva nosa cidade”.
O alcalde quixo recordar que Ferrol é una cidade que “paulatinamente está a sufrir una falla de competitividade importante por mor das conexións que ten tanto por estrada, pola falta da vía de alta capacidade pola costa, aínda en proxecto, como pola vía ferroviaria, e estarei xunto a calquera administración que reclame que esta conexión se faga”. E instistiu en que “non ten ningún sentido que entre Ferrol e A Coruña o tempo de viaxe sexa 1 hora e 16 minutos e entre A Coruña e Vigo sexa de 1 hora e 20 minutos. Seguirei reclamando conexións dignas. Non pode seguir habendo cidadáns de primeira e de segunda na nosa comunidade autónoma”.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar