Novas

mércores, 04 de setembro de 2019

O alcalde despide aos oito nenos saharauis que participaron durante dous meses no programa Vacacións en Paz

Os pequenos foros acollidos por familias ferrolanas


O alcalde despide aos oito nenos saharauis que participaron durante dous meses no programa Vacacións en Paz

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, despediu esta mañá no salón de recepcións do Concello aos oito nenos que participaron no programa Vacacións en Paz, no que colabora o Concello de Ferrol e que desenvolve a asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui. Durante dous meses, catro nenas e catro nenos de entre 10 e 13 anos foros acollidos por familias ferrolanas. A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez, a concelleira de Facenda, María Teresa Deus, o concelleiro de Seguridade, Germán Costoya, e a concelleira de Xuventude, Cristina Prados, tamén estiveron no acto. 
O alcalde resaltou que a visita dos nenos “puxo hoxe o punto de humanidade no Concello” e recoñeceu sentirse “feliz” pola estancia destes nenos na nosa cidade. Neste senso, sinalou que “é o momento oportuno” de “aprender cando se recibe a persoas que viven en condicións máis delicadas que nos” e recordou que “todos somos iguais, veñamos de onde veñamos”. Ángel Mato felicitou a Manuel Romero, coordinador da asociación  Solidaridade Galega co Pobo Saharaui, polo seu labor, e ás familias. 
Ao finalizar o acto, os nenos recibiron unhas mochilas.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar