Novas

xoves, 05 de setembro de 2019

A Biblioteca Municipal acolle unha charla sobre disciplina positiva

A cita, dirixida a pais e educadores, será de entrada libre o día 17 de setembro ás 17.30 horas


A Biblioteca Municipal de Ferrol acollerá o próximo 17 de setembro, as 17.30 horas, unha charla sobre Disciplina Positiva. A entrada será libre. Laura Balado, certificada en disciplina positiva pola Positive Discipline Association e coach familiar e educativa dirixirá a charla, na que explicará cómo entender o comportamento dos fillos e cómo guialos no seu camiño de forma positiva e afectiva pero firme e respectuosa. Tamén abordará asuntos como a empatía, a comunicación o e entendemento das relacións familiares e explicará que a clave está en ensinar competencias básicas para a vida. 

A charla dará paso a dous talleres que se celebrarán en outubro e novembro, un dirixido a pais e educadores de nenos pequenos e outro a pais e educadores de adolescentes. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar