Novas

venres, 06 de setembro de 2019

O alcalde presenta a campaña “Independencia + Tranquilidade” do Concello de Ferrol e Cruz Vermella

O ciclo de charlas incluído na iniciativa de acompañamento e teleasistencia arrancará no barrio de Caranza


O alcalde presenta a campaña “Independencia + Tranquilidade” do Concello de Ferrol e Cruz Vermella

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, presentou hoxe a nova campaña de Acompañamento e Teleasistencia do Concello de Ferrol Independencia + Tranquilidade en colaboración con Cruz Vermella. O rexedor estivo acompañado pola concelleira de Benestar Social, Eva Martínez, o vicepresidente da Asemblea Provincial de Cruz Vermella, Andrés Ríos, e a coordinadora provincial da entidade, Carmen Reigía.  
A iniciativa, tal e como explicou Martínez, inclúe por unha banda o servicio de teleasistencia en colaboración con Cruz Vermella e, por outro, a prestación de acompañamento a persoas maiores a través do servicio municipal de voluntariado. Para dar a coñecer a nova campaña municipal, o Concello vai repartir carteis e tarxetas informativas a entidades sociais, asociacións veciñais e ás unidades básicas do Edificio Social, a Casa Solidaria e o centro cívico de Caranza.  
En canto ao primeiro, a concelleira anunciou que o Concello de Ferrol atende a un total de 140 persoas maiores a través do seu servizo de teleasistencia que se desenrola por medio dun convenio coa Cruz Vermella e explicou que aínda hai dispoñibles outras 60 prazas, ata alcanzar os 200 terminais que actualmente se ofertan. Co obxectivo de chegar a máis maiores e aproveitar tódolos recursos dos que dispón o Concello, a área de Benestar Social pon en marcha esta campaña porque, como explicou Eva Martínez, “a ninguén se le escapa que vivimos nunha sociedade envellecida” e “garantir a dignidade dos veciños con maior vulnerabilidade é unha das nosas prioridades”. 
Carmen Reigía, coordinadora Provincial de Cruz Vermella, deu a coñecer os detalles do servicio de teleasistencia e anunciou que o obxectivo da campaña Independencia + Tranquilidade é “fomentar que os maiores saian o máis tarde posible dos seus domicilios”. A través dun pulsador localizado nunha pulseira ou colgante os usuarios poden poñerse en contacto coa central de Cruz Vermella as 24 horas do día os 365 días ao ano tanto para una emerxencia sanitaria como social. “Nós poñeremos todos os nosos recursos dispoñibles e avisaremos a la familia”. Dende a entidade “tamén chamamos a os usuarios para interesarnos por elos”.  
Reigía apuntou que “o 94% dos usuarios do servizo de teleasistencia viven sós”, por lo que “agradecemos moito que dende o Concello deuse prioridade precisamente as persoas maiores que viven soas e que siga confiando en Cruz Vermella”. De igual modo, Andrés Ríos agredeceu tamén ao Concello súa “sensibilidade”.  As persoas interesadas neste servizo poden solicitar información no Edificio Social, a Casa Solidaria e no centro cívico de Caranza.

Ciclo de conferencias  
A nova campaña Independencia + Tranquilidade inclúe un ciclo de charlas informativas en asociacións da cidade para “dar a coñecer os aspectos da nosa campaña a todos os veciños de Ferrol”, explicou a concelleira, e será o barrio de Caranza o que acolla nos próximos días o primeiro destes encontros. Acudirán tanto a concelleira como representes da Cruz Vermella. 

Máis de 20 persoas voluntarias  
A segunda parte da campaña Independencia + Tranquilidade desenvólvese a través da oficina de voluntariado do Concello de Ferrol, que na actualidade realiza entrevistas a potenciais voluntarios para participar no servicio de acompañamento, que xa está en funcionamento. Na actualidade xa hai máis de 20 persoas dispostas a dedicar parte do seu tempo a acompañar a persoas maiores da cidade. Con esta iniciativa, o Concello pretende “optimizar todos os recursos dispoñibles para mellorar a calidade de vida dos nosos maiores”, explicou Eva Martínez. As persoas interesadas en participar no programa do voluntariado poden pedir información na Casa Solidaria.  
Ángel Mato, que agradeceu o traballo da Cruz Vermella, pechou o acto de presentación da campaña Independencia + Tranquilidade e sinalou que “unha das prioridades que ten este goberno é presentar un servizo público axeitado a todas as persoas que se ven en una situación delicada o difícil”. Engadiu que “estamos promovendo espacios públicos de convivencia e unha oferta ampla de actividades para que os nosos maiores non estean sos” porque, dixo, “o gran reto das administracións públicas é darnos conta de que especialmente en esta cidade con un perfil poboacional difícil temos que dar una vida mellor a nosos maiores, que tanta experiencia teñen e tanto nos han dado”.


Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar