Novas

martes, 10 de setembro de 2019

Mato aposta por inxectar “ilusión” e anuncia que os próximos presupostos basearanse no “retorno” do investimento

O alcalde participou nas Conversas no Parador que organiza o Club de Prensa de Ferrol


Mato aposta por inxectar “ilusión” e anuncia que os próximos presupostos basearanse no “retorno” do investimento

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, participou hoxe nas Conversas no Parador que organiza o Club de Prensa da cidade, un encontro no que o rexedor abordou numerosos asuntos relevantes para Ferrol. O alcalde agradeceu á presidente da entidade, Julia Díaz Sixto, a súa invitación, a segunda despois de participar nas conversas en outubro do pasado ano, e tamén ao director do Parador, José Antonio Cedena.

O alcalde comezou a súa intervención insistindo na súa vontade de inxectar ilusión aos ferroláns para poder así afrontar o futuro de Ferrol. Temos, dixo, una “cidade con unha poboación envellecida e que vai menguando pouco a pouco cos anos e que moitas veces carece da ilusión que necesita para abordar o noso futuro”. Pero dende unha ollada máis arriba e obxectiva, explicou, vemos que temos “unha industria naval potente que compite en construcción de buques militares con tres o catro países líderes a nivel mundial, un incipiente desenvolvido sector vencellado ás enerxías renovables, especialmente a eólica e eólica mariña no caso de Navantia, capacidade industrial relevante, un porto exterior, un litoral envexable, e un patrimonio histórico que fai que esta cidade teña moito más que muchas cidades medianas de España e Galicia”. Por elo, falou da necesidade de trasladar una imaxe positiva da cidade, e recordou que en termos de desemprego e de salarios “Ferrol está na media”. 
Por elo, apostou por abordar un plan estratéxico a corto e medio prazo para abordar cómo debe ser a cidade e con el maior consenso posible, para o que o “diálogo é fundamental”. 
En canto ás comunicacións, o alcalde reiterou a súa aposta por recuperar a centralidade de Ferrol. Dixo que a cidade “ten que ser o centro neurálxico de as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal” e para elo “temos que dispoñer da unha conexión ferroviaria coa Coruña de menos de 30 minutos” e insistiu en la necesidade de desenvolver a vía de alta capacidade por la costa.

Festival en Esteiro
En canto ás alternativas da cidade, recalcou que hai que aproveitar as capacidades que ten Ferrol. Neste sentido, apuntou que debe haber una relación moito más estreita entre a Universidade da Coruña e o campus de Ferrol. Un primeiro paso é o que anunciou o alcalde, a celebración dun festival de música no campus de Esteiro como xesto de benvida aos estudantes que elixen Ferrol para estudiar e que será a noite do próximo 28 de setembro. 
Comentou que a administración ten que facer todos os esforzos posibles para desenvolver o campus industrial, e dixo que “cando o talento sae do Estado ou Galicia é como desinvestir”. Ese talento, dixo, “hai que retelo aquí”. Para elo apostou por “desenvolver laboratorios de investigación, aumentar prazas en residencias públicas e apostar polo campus único en Esteiro”. A cidade “ten que camiñar xunto ao campus”, insistiu. 

Situación de Emafesa
Mato recoñeceu levar tres meses preocupado por asuntos “de cidade”, como son a limpeza, os desbroces, a mellora dos servicios públicos” e especialmente pola situación da empresa municipal de auga (Emafesa). Sobre este último asunto, explicou que “non todas as decisións que se tomaron arredor da política da auga, os saneamentos ou a depuración foron as mellores”. A súa intención é abordar este problema “de inmediato” con toda la “seguridade xurídica posible”. Recordou que o saneamento do rural estaba previsto nos orzamentos da empresa para o ano 2019 pero que, lamentablemente, agora mesmo Emafesa atravesa una “situación económica delicadísima” con moitas consecuencias “na liquidez do Concello de Ferrol”. 
En concreto, o alcalde dixo que existe “una débeda de Narón con Emafesa” que supera “os dous millóns de euros”. O alcalde foi claro neste asunto, e explicou que “houbo una taxa que pagan todos os ferroláns que se suspendeu e que xerou un problema grave que practicamente levou á quebra” a Emafesa. É unha empresa municipal con 51% de capital público e “non pode quebrar”. Para encontrar unha solución, Mato explicou que xa houbo reunións coa alcaldesa de Narón. Sobre este asunto, asegurou que se non existira esta débeda “o saneamento do rural xa estaría feito”. É máis, dixo que “se la situación fora outra” a taxa sería “a más baixa posible”. Por todo elo, para o alcalde é prioritario abordar “esta situación tremendamente difícil”. 

Conversacións en Madrid
Mato, quen recordou que Ferrol ten que levantar a cabeza para defender figuras como la de Carballo Calero o Concepción Arenal, anunciou que nos próximos meses abordará co novo Goberno ou co Goberno en funcións asuntos como a eventual contratación dun novo buque para Navantia, o convenio con Defensa, o proxecto do ferrocarril, a posibilidade de mellorar a comisaría de policía ou a intención de solicitar dunha sección de Audencia para nosa cidade pola cantidade de asuntos que se están a tramitar en todo o partido xudicial e remarcar así o papel de “centralidade” que ten que ter Ferrol respecto á súa comarca. 
Respecto ao futuro político, dixo o alcalde que le gustaría ter máis estabilidade. Nos próximo anos “falarei con todos os grupos políticos e tratarei de favorecer un diálogo leal no que o goberno lidere una corporación na que todos entendamos que os problemas da cidade non os vai resolver ninguén desde fóra, témolos que resolver nós”. Sobre este asunto recordou que “traballarei no interese da cidade” e “se todos traballamos xuntos esta cidade sae adiante. Oxalá teñamos esa altura de miras”, remarcou. O alcalde recoñeceu estar preocupado por la perda do “tecido comercial” na cidade e mostrouse aberto ás propostas “en positivo” sobre o asunto. “Manterei os oídos ben abertos, serei totalmente permeable”, dixo. 
Mato asegurou que o goberno local xa traballa nuns presupostos baseados “nas necesidades básicas e urxentes da cidade” e sempre pensando no “retorno do que se invista”, pois co diñeiro de todos “hai que ser moi escrupuloso”, hai que investir os recursos públicos de unha “maneira eficiente”. 

Reorganización do tráfico 
Durante o encontro, o alcalde de Ferrol referiuse ao asunto do aparcamento. Neste senso, dixo que “de nada serve falar de novos aparcadoiros sen falar antes de ordenación do aparcadoiros en superficie”. O edil de Urbanismo xa traballa nisto, na ordenación do aparcadoiro en superficie para garantir “unha política de mobilidade razoable”. E recordou que xa existe un aparcadoiro no Cantón que non está completo, outro no mercado e un terceiro pechado en Porta Nova. Mostrouse partidario da peonalización pero “dentro dun marco” e da necesidade de unificar a tipoloxía das rúas. 
O alcalde de Ferrol recordou que as portas do Concello sempre estarán abertas a calquera conselleiro da Xunta u outro político e recoñeceu lamentar adquirir Casa de Carballo Calero para ver o seu deterioro. Gustaríalle, dixo, que “non fóra una ruína”.
Por último, en relación ao anterior goberno, o alcalde dixo que non vai empregar “nin un só segundo en criticar a quen me precedeu porque temos que mirar cara o futuro” e “creo que todos os que están na miña posición queren o mellor para a cidade”.



Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar