Novas

martes, 01 de outubro de 2019

A Biblioteca municipal de Ferrol acolle o xoves a conferencia “Cambio climático: revolución ou colapso”

A cita enmárcase no IV ciclo de charlas sobre divulgación científica e correrá a cargo do xornalista especializado en información meteorolóxica Xavier Fonseca Blanco


A Biblioteca municipal de Ferrol acolle o xoves a conferencia “Cambio climático: revolución ou colapso”

A Biblioteca municipal de Ferrol, na praza de España, acolle o próximo xoves, 3 de outubro, ás 19.30 horas, a conferencia Cambio climático: revolución ou colapso no marco do “IV Ciclo de Charlas sobre Divulgación Científica: Imos Contar a Ciencia”. 
A cita, na sala Audiovisual do terceiro andar, correrá a cargo do xornalista Xavier Fonseca Blanco, responsable de información meteorolóxica de La Voz de Galicia e director e presentador da sección “Historias del Tiempo”. É licenciado en Comunicación Audiovisual na Universidade de Extremadura e doutorando en Comunicación, Educación e Cambio Climático no programa de Enerxías Renovables e Sostenibilidade Enerxética da USC. 

Aberto o prazo para os talleres de Disciplina Positiva 
O prazo de inscrición para participar nos talleres de Disciplina Positiva na Biblioteca municipal comenza esta semana. Os interesados en participar na actividade dirixida a pais, nais, mestres e persoas ao coidado de nenos de entre 3 e 10 anos, poden facer a inscrición a partir de hoxe desde as 9 horas a través exclusivamente da páxina web mediante a solicitude que se habilitará para o mesmo. Entre os seus obxectivos está mostrar ferramentas aplicables á realidade diaria ou entender o comportamento dos fillos. O taller desenvolverase os martes entre o 22 de outubro e o 26 de novembro, de 17.30 a 19.30 horas.
O segundo taller, neste caso dirixido a nais, pais, mestres e persoas ao coidado de nenos de entre 10 e 17 anos, abre o prazo de inscrición o 3 de outubro no mesmo horario que o anterior. As reunións serán os xoves entre o 17 de outubro e o 21 de novembro, de 17.30 a 19.30 horas e persigue, entre outros obxectivos, entender e conectar cos fillos preadolescentes e adolescentes, obter recursos eficaces e duradeiros e aprender a vivir nun ambiente onde exista responsabilidade, respecto e cooperación deixando espazo á intimidade e liberdade. Os talleres serán impartidos por Laura Balado, experta en coaching e desenvolvemento e educación emocional.


Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar