Novas

martes, 01 de outubro de 2019

Ferrol presenta a súa candidatura para ser sede da sétima edición da Mostra Musical do Eixo Atlántico

A cita reúne cada dous anos cerca de 300 estudantes das escolas municipais de música e conservatorios das cidades membro


O Concello de Ferrol acaba de presentar a súa candidatura para ser sede en 2020 da séptima edición da Mostra Musical do Eixo Atlántico, un encontro que reúne cada dous anos a cerca de 300 estudantes das escolas municipais de
música e conservatorios das cidades membro durante unha fin de semana chea de música clásica e jazz.
Desde a súa primeira edición en 2008, a Mostra Musical do Eixo Atlántico consolidouse como unha das actividades máis emblemáticas e transversales nas áreas de educación e cultura.
O obxectivo da mostra é o de recoñecer, promover, premiar e difundir a práctica da música, apoiando ós músicos intérpretes que polo seu valor e interese poidan contribuir á difusión do gusto pola música de Galicia e do norte de Portugal, favorecendo a innovación, a calidade, a interacción e a renovación no panorama musical do Eixo Atlántico. A anterior edición tivo lugar en maio de 2018 en Vila Real (Portugal), participaron 20 cidades e celebráronse 42 actuacións.
 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar