Novas

xoves, 03 de outubro de 2019

O Concello imparte dous obradoiros de autocoidados e xestión de emocións na Casa da Muller

O prazo de inscrición ábrese mañá venres e desenvolveranse entre os meses de outubro e novembro


O Concello de Ferrol, a través da concellería de Muller e Igualdade, que dirixe Cristina Prados, vai impartir dous obradoiros de autocoidados e xestión de emocións na Casa da Muller durante os meses de outubro e novembro.
Están dirixidos ao colectivo de mulleres con especial vulnerabilidade e necesidades específicas como víctimas de violencia de xénero e as súas fillas, coidadoras de persoas dependentes, enfermas crónicas sen apoio familiar e mulleres maiores o en risco de exclusión social. Os obradoiros, que constan de catro módulos, ten como principal obxectivo “apoiar a estas mulleres e dotalas de ferramentas para mellorar a súa vida e a súa autonomía”, explican desde a concellería de Muller.
Entre outros asuntos, os obradoiros tratarán asuntos como os hábitos saudables e nutrición, a prevención de enfermidades crónicas, o manexo da medicación, o estrés, a culpabilidade, a recuperación da autoestima, recursos fronte á violencia de xénero, a xestión das emocións e a meditación.
O primeiro será en horario de mañá, de 10.30 a 12.30 horas os días 28 e 30 de
outubro e 13 e 15 de novembro. O segundo, pola tarde, será de 17 a 19 horas os días 21 e 23 de outubro e 20 e 22 de novembro.
O prazo de inscrición será dende o 4 ao 15 de outubro e a lista definitiva publicarase na páxina web do Concello o día 18 de outubro.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar