Novas

venres, 04 de outubro de 2019

Ángel Mato cualifica como unha “honra” para Ferrol acoller o cuartel xeral da Forza de Protección da Armada

O alcalde dixo que a cidade segue sendo “para as nosas Forzas Armadas” unha das súas “prazas de maior importancia”


Ángel Mato cualifica como unha “honra” para Ferrol acoller o cuartel xeral da Forza de Protección da Armada

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, acudiu esta mañá ao acto de presentación da Forza de Protección da Armada (Fupro) na base da Graña con  motivo do traslado desde Cartaxena á cidade do cuartel xeneral desta unidade. 
O rexedor, quen a finais de setembro mantivo un encontro co xeneral Carlos Pérez-Urruti Pérez, comandante da Fupro, para abordar os detalles da chegada desta unidade a Ferrol, agradeceu a invitación e aproveitou a ocasión para darlle a benvida. É unha “honra” para Ferrol, dixo, “que o cuartel xeral da Forza de Protección da Armada se sitúe en nosa cidade”.  
Mato destacou ante autoridades militares e civís que a relación cola Armada  “marcou o carácter de Ferrol dende sempre”, polo que o mando da Fupro “instálase nun lugar no que será acollido con entusiasmo”. 
Tras súa presentación na estación naval da Graña, o alcalde dixo que o  mando da Fupro pronto se trasladará á súa localización definitiva, no Palacio de Capitanía Xeral. Alí terán o seu centro de decisións unidades baseadas en San Fernando, Cartaxena, Madrid e As Palmas, o cal é motivo de orgullo e tamén de satisfacción, por canto, dese modo, entendemos que Ferrol segue sendo para as nosas Forzas Armadas unha das súas prazas de maior importancia”. 
Mato desexou aos membros deste mando “os maiores éxitos” nesta etapa que a Fupro abre na nosa cidade e que, a partir de agora se “sintan como os ferroláns que xa son”.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar