Novas

luns, 07 de outubro de 2019

O alcalde e a edil Ana Lamas reuníronse con representantes da Agrupación de Asociacións de Veciños da Zona Rural

Mato explicoulles aos membros destes colectivos as liñas mestras da acción de goberno respecto das súas parroquias


O alcalde e a edil Ana Lamas reuníronse con representantes da Agrupación de Asociacións de Veciños da Zona Rural

O alcalde, Ángel Mato, deu cumprimento esta tarde ao compromiso adquirido anteriormente de se reunir cos representantes da Agrupación de Asociacións de Veciños da Zona Rural de Ferrol. Durante este encontro, no que estivo acompañado da concelleira Ana Lamas, responsable dos departamentos de Servizos, Obras, Medio Ambiente, Zona Rural e Participación Cidadá, o rexedor abordou diversas cuestións que puxeron sobre a mesa os portavoces veciñais. Entre outras, explicou a situación na que se encontran actuacións pendentes dende hai anos, coma o saneamento do rural ferrolán. Avanzou tamén algunhas das liñas de traballo que o seu goberno ten intención de seguir neste mandato para cubrir as necesidades do territorio municipal que queda fora dos límites urbanos e tomou nota de varias demandas que formularon os representantes das asociacións. 
A xuntanza, que tivo lugar no local da Asociación de Veciños Santa Comba, de Covas, enmárcase dentro dunha rolda de contactos que Ángel Mato e Ana Lamas veñen mantendo con diferentes colectivos cidadáns do concello de Ferrol e que continuarán en próximas datas.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar