Novas

venres, 01 de novembro de 2019

Alerta laranxa na zona costeira por fortes ventos dende mañá sábado ata o luns

O departamento de Seguridade do Concello advirte do perigo no litoral ante a previsión de mar combinada do noroeste con ondas de 5 a 7 metros


La Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa que comezará mañá sábado, ás 18 horas, ata a noite do luns, día 4. Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), na costa de Ferrolterra espérase vento do oeste e suroeste de forza 8 ou 9 e mar combinada do noroeste con ondas de 5 a 7 metros.  

O departamento de Seguridade do Concello de Ferrol indica que os fenómenos meteorolóxicos afectan principalmente a actividades profesionais marítimas e preto da costa e tamén a actividades deportivas marítimas como remo, piragüismo, vela o pesca. 

Do mesmo xeito, recomenda a suspensión das actividades marítimas, a aseguranza das embarcacións, estruturas e materiais e advirte do perigo que supón para as persoas achegarse as praias, a costa e a os peiraos por motivos de traballo ou coa intención de ver a ondada. 
 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar