Novas

sábado, 02 de novembro de 2019

Detido tras ser interceptado pola Policía Local nun vehículo cargado de radiadores supostamente roubados

O home tiña retirado o permiso de conducir por perda dos puntos


Detido tras ser interceptado pola Policía Local nun vehículo cargado de radiadores supostamente roubados

A Policía Local de Ferrol detivo en días pasados a un home como suposto autor dun roubo de varios radiadores. Axentes que se atopaban facendo labor de vixilancia observaron un vehículo cuxo conductor cometía unha infracción de tráfico e déronlle o alto. Nada máis comprobar a documentación que levaba consigo, viron que ao home fóralle retirado o permiso de conducir por perda de puntos e que a ITV do vehículo levaba caducada dende o 2018. Tamén revisaron a parte traseira, onde atoparon, tapados cunha manta, 17 radiadores de calefacción, dos que o home non puido acreditar a procedencia. 

Dadas as infraccións de tráfico e o suposto roubo dos radiadores, os policías trasladaron o vehículo ao depósito municipal e os radiadores a dependencias policiais, mentres que o condutor foi posto a disposición xudicial.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar