Novas

luns, 04 de novembro de 2019

O concello executa as medidas correctoras na piscina de Caranza e solicita á Xunta autorización para abrir a instalación

O edil de Deportes, Antonio Golpe, anunciou que esta mañá instaláronse os 28 novos filtros e que unha persoa cualificada se encargará de manexar a máquina deshumidificadora


O concelleiro de Deportes, Antonio Golpe, anunciou esta mañá que o Concello executou as medidas correctoras anunciadas para controlar os niveis de CO2 detectados na piscina de Caranza tras os picos puntuais rexistrados nas pasadas datas e que provocou o seu peche. Esta mesma mañá tivo lugar a renovación dos 28 novos filtros cos que conta a máquina e o edil anunciou que unha persoa coa cualificación necesaria se encargará de manexar a máquina deshumidificadora e de controlar os seus parámetros. Para facelo contará, ademais, cunha asistencia técnica externa. Tratarse dunha medida recollida no informe encargado polo Concello de Ferrol a unha consultora especializada en tratamento de augas e climatización.  

A concellería de Deportes enviou hoxe á Xunta un informe que recolle as medidas postas en marcha polo Concello. Nel solicita autorización para abrir ao público a instalación deportiva e poder “realizar novas medicións dos niveles de CO2”. O edil lembrou que trátase dun problema “que se vén repetindo dende o 2014 e para o que durante estes anos non se atopou unha solución definitiva”.  

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar