Novas

luns, 04 de novembro de 2019

A Policía Local comisa case 100 quilos de marisco que se volven a sementar na ría

O produto atopábase no maleteiro dun vehículo


A Policía Local comisa case 100 quilos de marisco que se volven a sementar na ría

 A Policía Local de Ferrol comisou a pasada semana case 100 quilos de marisco e incautou o vehículo nel que se atopaba o produto. Axentes facendo labor de prevención na seguridade cidadá observaron tres homes na parte traseira dun coche que ao velos pecharon o maleteiro de forma apresurada. 

Nada máis comprobar a documentación que levaban consigo e revisar o interior do vehículo os axentes atoparon seis capachos con 24 quilos de ameixa japónica, 45 de berberecho e 30 de ameixa babosa, produto comisado pola A Policía Local. Tanto o coche como o marisco foros trasladados ao depósito do Sánchez Aguilera quedando a dispor da Consellería do Mar. Tamén se precedeu á incautación das chaves do vehículo, unha báscula de man dixital e de 854 euros, quedando todo ao dispor da Xefatura da Policía Local de Ferrol. O marisco comisado foi sementado novamente na ría de Ferrol.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar