Novas

luns, 04 de novembro de 2019

O Concello remata os proxectos do POS adicional 2016 coa aprobación das obras de aglomerado no Camiño das Cabazas

O concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, dixo que os traballos incidirán nunha superficie de 2.716 metros cadrados e que se trata da primeira tramitación de forma electrónica


O Concello de Ferrol aprobou esta mañá na Xunta de Goberno Local o expediente da contratación da obra para o aglomerado do Camiño das Cabazas Pedra Blanca (Covas) incluída na relación de proxectos do POS adicional 2016 da Deputación da Coruña e que sairá a licitación por un importe de 53.131, 25 euros. Con esta intervención o Concello remata o Plan de Obras e Servizos de 2016 e corresponde cos traballos necesarios para estender unha capa de aglomerado sobre os pavimentos existentes nunha superficie de 2.716 metros cadrados. A actuación inclúe labores de desbroce e perfilado de cunetas a fin de canalizar as augas superficiais e mellorar a vida útil da vía.  

Julián Reina, concelleiro de Urbanismo, explicou esta mañá que trátase dun expediente iniciado no mandato anterior e que o seu departamento ten previsto iniciar nos próximos meses os trámites para desatascar as obras recollidas no POS 2017. Desde a concellería “traballamos duro para sacar adiante este proxecto do ano 2016 e seguiremos nesta liña”. O edil, ademais, destacou que é a primeira obra que se va a tramitar de forma electrónica. 
 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar