Novas

mércores, 06 de novembro de 2019

A piscina de Caranza quedou aberta de novo esta tarde

Sanidade realizou finalmente a inspección, que pasadas 14.15 horas certificou que os parámetros do aire e da auga eran correctos


A piscina do complexo deportivo Javier Gómez Noya, de Caranza, quedou aberta de novo ao público esta tarde, despois de que a Consellería de Sanidade fixese a inspección que tiña pendente desde que o pasado luns o Concello lle enviase a solicitude de reapertura. As medicións realizadas a primeira hora da tarde indicaron unha diferenza entre o CO2 exterior e o interior de 36 partes por millón (o máximo permitido é de 500), polo que ás 14.15 horas levantouse o peche cautelar decretado o pasado 17 de outubro. 


Nestas dúas semanas, a concellería de Deportes acometeu diferentes medidas orientadas a garantir as condicións do aire nas instalacións, entre elas, o cambio dos filtros da central deshumidificadora e a busca de persoal cualificado para manipular esta máquina, mesmo con asistencia técnica exterior. 

Esta mesma tarde, desde o Concello comunicóuselles aos clubs de natación ferroláns que utilizan a piscina de Caranza que dende hoxe poden volver desenvolver con normalidade a súa actividade. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar