Novas

xoves, 07 de novembro de 2019

María Teresa Deus expuxo nas xornadas “Europa na provincia da Coruña” a experiencia de Ferrol dentro do MMIAH

A concelleira participou no foro “Turismo e oportunidades de financiamento da UE” cun relatorio sobre a recuperación do patrimonio marítimo, militar e industrial do litoral atlántico


María Teresa Deus expuxo nas xornadas “Europa na provincia da Coruña” a experiencia de Ferrol dentro do MMIAH

A concelleira María Teresa Deus participou hoxe no pazo provincial da Coruña nas xornadas “Europa na provincia da Coruña”, organizadas por Europe Direct e a Deputación e que nesta quinta edición estaban orientadas ao “Turismo e as oportunidades de financiamento da UE”. No seu relatorio, Recuperación e valorización do patrimonio marítimo, militar e industrial do litoral do espazo atlántico, explicou, como responsable da área de Turismo do Concello, a experiencia de Ferrol dentro do Proxecto MMIAH. 


Estas xornadas teñen como obxectivos xerar un espazo para os concellos que participan do financiamento europeo, promover coñecemento técnico sobre esta materia, crear un foro especializado que sirva de escaparate de boas prácticas nos planos rexional, nacional e europeo e, por último, capacitar ás persoas asistentes (entre as que se atopaban alcaldes, concelleiros, técnicos e persoal ao servizo das entidades locais) na preparación de propostas exitosas e con garantías de concorrer a convocatorias europeas. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar