Novas

venres, 08 de novembro de 2019

O Concello outorga 35 becas para o transporte universitario de ferroláns matriculados no campus da Coruña

As axudas financian o 50 % dos desprazamentos de ida e volta no mesmo día dos estudantes das facultades da cidade herculina


O concelleiro de Educación, Antonio Golpe, deu conta esta maná na comisión de Cultura, Educación, Universidade, Deportes e Festas celebrada no pazo municipal da proposta de resolución da convocatoria de axudas para o transporte de estudantes universitarios de Ferrol aos campus da Coruña. En concreto, para o presente curso escolar 2019/2020 concedéronse 35 becas que financiarán o 50 % dos desprazamentos de ida e volta no mesmo día de ferroláns matriculados nas escolas e facultades da Universidade da Coruña (UDC) na cidade herculina. Deste modo cóbrense todas as prazas ofertadas polo departamento municipal de Educación.   

Para ser beneficiario das axudas que concede o Concello de Ferrol é obrigatorio estar empadroado no municipio durante todo o curso académico e non superar os limiares de renda recollidos nas bases. Os máximos impoñibles por unidade familiar foron os seguintes: para familias de 1 ou 2 membros, 19.000 euros; para as de 3, 21.000; para as de 4, 23.000; para as de 5, 25.000; para as de 6, 27.000; para as de 7, 29.000, e para as de 8, 31.000.
 
 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar