Novas

luns, 11 de novembro de 2019

Cristina Prados clausura o curso de manexo de móbiles co compromiso de ofrecer máis edicións tras o Nadal

As 30 participantes trasladaron á concelleira de Muller o seu agradecemento polos coñecementos obtidos no taller gratuíto que impartiu INICE en colaboración co Concello de Ferrol


Cristina Prados clausura o curso de manexo de móbiles co compromiso de ofrecer máis edicións tras o Nadal

A concelleira de Muller e Igualdade, Cristina Prados, clausurou esta mañá na Casa da Muller o curso sobre o manexo de móbiles que durante nove días impartiu INICE (Instituto de Investigacións Científicas e Ecolóxicas), dentro do seu programa Accións en favor da Igualdade subvencionado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, en colaboración co Concello de Ferrol. 


Un total de 30 veciñas participaron no programa que, tal e como explicou a edil, estivo dirixido a mulleres empadroadas no municipio co obxectivo de incidir na formación para mellorar a súa incorporación á sociedade e que estea presente nos novos sectores de emprego utilizando de forma habitual as novas tecnoloxías. Entre os seus obxectivos tamén estivo evitar o despoboamento das zonas rurais, especialmente as máis deprimidas. 

As participantes no taller gratuíto trasladaron esta mañá á concelleira o seu agradecemento polos coñecementos recibidos e destacaron a formación e bo trato da monitora responsable das clases. Tamén destacaron os beneficios deste tipo de cursos para xestións do día a día, como é solicitar unha consulta médica ou trámites en Correos. Tras escoitar as súas suxerencias, a concelleira de Muller comprometeuse a poñer en marcha novas edicións do curso de manexo de móbiles tras o Nadal e de ampliar a oferta con outro tipo de talleres, como é o caso da informática. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar