Novas

venres, 15 de novembro de 2019

Cristina Prados clausura o curso de autocoidados e xestión de emocións para mulleres e mostra a súa vontade de ofrecer máis edicións no próximo ano

A concelleira de Igualdade entregou esta mañá os diplomas ás participantes, quen destacaron a utilidade do taller


Cristina Prados clausura o curso de autocoidados e xestión de emocións para mulleres e mostra a súa vontade de ofrecer máis edicións no próximo ano

A concelleira de Igualdade, Cristina Prados, clausurou esta mañá o curso de autocoidados e xestión de emocións impartido na Casa da Muller,  no que participaron 38 mulleres, 16 en horario de mañá e 22 en horario de tarde. No remate do curso, a edil entregoulles o diploma de asistencia e mostrouse “moi satisfeita” pola boa acollida do taller. 

 
Prados, quen mostrou a súa vontade de ofertar “novas edicións” o próximo ano, interesouse polos coñecementos adquiridos polas veciñas participantes no obradoiro, no que se trataron asuntos como os hábitos saudables e nutrición, a prevención de enfermidades crónicas, o manexo da medicación, o estrés, a culpabilidade, a recuperación da autoestima, recursos fronte á violencia de xénero, a xestión das emocións e a meditación. O colectivo ao que foi dirixido son mulleres con especial vulnerabilidade e necesidades específicas como víctimas de xénero e as súas fillas, coidadoras de persoas dependentes, enfermas crónicas sen apoio familiar e mulleres maiores ou en risco de exclusión social.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar