Novas

venres, 15 de novembro de 2019

O 78 % dos ferroláns con beca para o transporte universitario matriculados en grados da UDC da Coruña estudia a rama xurídico social

O luns, 18 de novembro, celebrarase no Concello unha reunión entre os 35 bolseiros de Ferrol e a técnica da concellería de Educación para trasladarlles toda a información das axudas


O concelleiro de Educación, Antonio Golpe, deu conta a pasada semana na comisión de Cultura, Educación, Universidade, Deportes e Festas celebrada no pazo municipal da resolución da convocatoria de axudas para o transporte de estudantes universitarios de Ferrol aos campus da Coruña. En concreto, para o presente curso escolar 2019/2020 concedéronse 35 becas que financiarán o 50 % dos desprazamentos de ida e volta no mesmo día de ferroláns matriculados nas escolas e facultades da Universidade da Coruña (UDC) na cidade herculina. Deste modo cóbrense todas as prazas ofertadas polo departamento municipal de Educación.  
 
Das 35 axudas concedidas para aliviar os gastos dos ferroláns que desexen permanecer no seu fogar durante os anos da súa vida universitaria, 32 corresponden a alumnos do grado e 3 a estudiantes de máster. En canto aos primeiros, o 78 % se forma na rama xurídico social -6 en Dereito, 4 de Educación Infantil, 3 de Educación Social, 3 de Educación Primaria, 3 de Administración e Dirección de Empresas, 2 de Socioloxía, 2 de Turismo, 1 de Comunicación Audiovisual e outro de Empresariais-. Un 10 % elixiu o ámbito da Enxeñería e Arquitectura -2 en Informática e un en Arquitectura-, o 6 % en Ciencias –uno en Química e outro en Bioloxía-, o 3 % en Artes e Humanidades –con un estudiante do grado de Inglés-, e tamén o 3 % en Ciencias da Saúde, con un ferrolá matriculado en Logopedia. Respecto ás tres bolseiros de máster, dous especialízanse en Contabilidade Superior e Auditoría de Contas e un en Psicoloxía Aplicada. 
 
Maioría de alumnas
En canto á clasificación por sexos, das 35 bolseiros con axudas para o seu transporte universitario durante o presente curso escolar, 22 son mulleres, o que supón un 63 % do total. En concreto, dos 32 alumnos de grados, 20 son veciñas de Ferrol e dos tres matriculados en máster, dúas son tamén femias. 
 
Primeira reunión coa técnica de Educación
Os 35 alumnos con beca para o transporte universitario deste curso escolar están convocados a unha reunión, o próximo luns, no Concello de Ferrol coa técnica municipal de Educación, quen daralles todos os detalles das axudas. Trátase da primeira vez que tras a concesión das becas, a concellería mantén un encontro cos beneficiarios. Para facilitar a súa asistencia, o departamento municipal ofrece a posibilidade de acudir á reunión ás 10 horas ou ás 18 horas, segundo as necesidades do alumnado. 
 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar