Novas

luns, 18 de novembro de 2019

A Xunta de Goberno Local aproba o expediente de contratación da reparación e reposición de marquesiñas

Esta actuación forma parte do POS do 2018 e contempla intervir en máis de 50 estructuras, a maioría no rural


A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o expediente de contratación da obra de reparación e posición de marquesiñas de autobuses, incluída no Plan de Obras de Servizos do 2018. Tal e como explicou hai uns días o concelleiro Julián Reina, responsable do departamento municipal de Contratación, o goberno local está decidido a “rematar cos atascos e poñer ao Concello ao día en canto a inversións para a cidade dependentes de plans provinciais”. Este mesmo mes, Reina anunciou a tramitación da última obra do POS 2016, un expediente que estrea o formato electrónico para a presentación de ofertas, e o aglomerado da estrada Catabois-Mandiá, do POS 2017. 


A reparación e reposición de marquesiñas de autobuses conta cun presuposto base de licitación de 144.458,28 euros (IVE incluído). En total, actuarase en 51 marquesiñas de todo o territorio municipal, a maioría no rural. Substituiranse tres cuxo estado de conservación está moi deteriorado: dos na estrada de Punta Penencia e outra nas inmediacións do Novoa Santos. As novas marquesiña terán 4,20 de longo, 1,75 de ancho e unha altura máxima de 2,57 e mínima de 2,34 metros. O resto serán reparadas, repoñendo asentos, cachotería, táboas de madeira, paneis acristalados e pintando a estructura. Ademais, levaranse a cabo labores de limpeza en todas as marquesiñas e o seu entorno. O prazo de execución das obras estimase en catro meses a partir da fecha da firma da correspondente acta de comprobación do replanteo. A garantía, que se contará a partir da data de recepción da obra, será dun ano. Os traballos contarán con un equipo de máximo cinco operarios.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar