Novas

xoves, 28 de novembro de 2019

O Concello prepárase para constituír a primeira Mesa contra a Violencia de Xénero con un curso de formación

A concelleira de Muller e Igualdade, Cristina Prados, invitou aos grupos municipais a participar no programa, que se desenvolverá os días 12 e 19 de decembro no Antigo Hospicio


O Concello de Ferrol, a través da concellería de Muller e Igualdade, que dirixe Cristina Prados, vai constituír a principios do próximo ano a que será a primeira Mesa Local e Coordinación Institucional contra a Violencia de Xénero, cuxo obxectivo é facilitar a coordinación dos recursos e axentes implicados na prevención e tratamento das situacións de violencia de xénero no municipio. 


Para “avanzar neste proxecto”, explica a edil, desde a súa área solicitouse á Secretaría Xeral de Igualdade no mes de outubro un programa formativo dirixido aos axentes e institucións implicadas na prevención, identificación e tratamento da violencia contra as mulleres. 

A Xunta concedeu a formación previa á constitución da mesa, que desenvolverase os días 12 e 19 de decembro de 10 a 13 horas no salón de actos do Antigo Hospicio. Ademais do persoal técnico das concellerías de Muller e Igualdade, Educación, Deportes, Seguridade e Benestar Social, a concelleira invitou a todos os grupos municipais de Ferrol a formar parte do programa formativo. Tamén a traballadores da área sanitaria, Policía Local e Nacional, do Xulgado, da Universidade, entidades sociais e aos concelleiros de Emprego e Promoción Económica, María Teresa Deus; de Benestar Social, Eva Martínez Montero; e de Seguridade, Germán Costoya. Segundo explicou Prados, todos os invitados a recibir a formación o próximo mes de decembro tamén poderán formar parte da Mesa Local e Coordinación Institucional contra a Violencia de Xénero. Trátase “dun paso máis na loita contra a violencia contra a muller”, lembrou a edil, quen insistiu en que “neste asunto é moi importante o traballo coordinado entre axentes sociais e administracións”.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar