Novas

venres, 29 de novembro de 2019

A Policía Local formula en dúas noites 14 denuncias a conductores por consumo de alcol

Os controles producíronse os días 23 e 24 de novembro nas inmediacións da glorieta de Catabois, as avenidas de Santa Mariña e Compostela e na rúa Cuntis


A Policía Local de Ferrol realizou os días 23 e 24 de novembro varios controis de alcol e drogas a conductores. A noite do pasado sábado, entre as 23.15 horas e as 2.35 horas, os axentes deron o alto a 153 turismos que circulaban polas inmediacións da glorieta da estrada de Catabois e da avenida de Santa Mariña. Como resultado producíronse 8 denuncias administrativas: 6 por conducir baixo os efectos do alcol e drogas, unha por carecer de seguro e outra por non levar o cinto. Houbo tamén dúas denuncias penais, unha por superar a taxa de 0.60 miligramos de alcol por litro e outra por conducir sen carné. 
 
O domingo 24, a Policía Local estivo na avenida de Compostela e rúa Cuntis entre as 4.30 horas e as 7. 42 horas. Dos 94 conductores que pasaron polo control, producíronse 7 denuncias administrativas por consumo de alcol.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar