Novas

mércores, 01 de xaneiro de 2020

María Teresa Deus entrega un vale de 1.000 euros ao gañador do sorteo de Nadal da asociación Ultramar Village Ferrol

A concelleira de Promoción Económica destacou a labor da entidade na dinamización do comercio de barrio


María Teresa Deus entrega un vale de 1.000 euros ao gañador do sorteo de Nadal da asociación Ultramar Village Ferrol

A concelleira de Economía, Facenda e Promoción Económica, María Teresa Deus, entregou esta mañá o súper vale de 1.000 euros ao gañador do sorteo de Nadal “Déixate querer por Ultramar”, unha iniciativa impulsada pola asociación Ultramar Village Ferrol en colaboración co Concello de Ferrol a través da subvención concedida para a dinamización comercial e hostaleira 2019. O gañador é Humberto Paz Pérez por unha compra realizada en Federópticos Begoña Lorenzo. 

Trátase dun sorteo dun total de 2.600 euros en vales de compra — un de 1.000 euros e 16 de 100— para gastar nun mínimo de 5 establecementos dos 16 da entidade: Federópticos Begoña Lorenzo, Gimnasio Bitácora, Peluquería Ethereal, Algodón Azul, Cassa Interiorismo e Decoración, La Pelu de Beti, Uxa Moda, Neumáticos Ultramar,  AK Anukas, Loureda Joven, Peluquería Nova, Kids&Us, Empatía Hair & Beauty, Imprenta Mundograf, Librería Ultramar e Peluquería Antares. 

Para participar no sorteo foi necesario realizar algunha compra entre os días 18 e 28 de decembro nos establecementos da asociación. Repartiuse unha participación por cada 10 euros de gasto ata un máximo de 5 por persoa e compra. En total, nos 10 días da promoción, retiráronse máis de 4.000 papeletas.   

Tras a entrega do premio, a concelleira María Teresa Deus destacou a “importante labor” desenvolvida pola asociación na dinamización do comercio de barrio. Pola súa banda, desde a entidade Ultramar Village Ferrol agradeceron a colaboración do Concello de Ferrol.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar