Novas

mércores, 01 de xaneiro de 2020

Eva Martínez Montero visita aos usuarios dos comedores sénior reunidos para o xantar de Aninovo

A responsable da concellería de Benestar Social acudiu ao centro de maiores do Río Xubia, que concentrou a 20 persoas


Eva Martínez Montero visita aos usuarios dos comedores sénior reunidos para o xantar de Aninovo

A concelleira de Benestar Social no Concello de Ferrol, Eva Martínez Montero, acudiu esta mañá ao comedor sénior da rúa Río Xubia, que xestiona a asociación Dignidad, para visitar ás 20 persoas que hoxe celebraban o xantar de Aninovo no centro de maiores. Trátase dunha iniciativa, segundo explicou a edil, que pretende “que ningunha persoa que acuda a estas instalacións o resto do ano pase as festas en soidade”. Tamén o pasado día 25 de decembro celebrouse un xantar de Nadal con outros 20 maiores. 


Hoxe puideron degustar empanada, tostada de salmón, tortilla, embutidos, lagostinos á prancha, xamón asado con patacas asadas e turróns. A edil aproveitou a ocasión para felicitar o Aninovo aos asistentes e lembrou que unha das prioridades do Concello de Ferrol é “mellorar a calidade de vida de nosos maiores” e tamén “loitar contra a soidade”. 

Das cinco instalacións deste tipo coas que conta o Concello, a do centro municipal de maiores de Río Xubia é a máis ampla, polo que se optou por reunir nela a todos asistentes a estes xantares.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar