Novas

xoves, 02 de xaneiro de 2020

A Cabalgata de Reis do rural terá lugar o sábado e partirá desde o estadio da Malata

Contará con tres carrozas, repartiranse máis de 100 quilos de caramelos e rematará en Mandiá pasadas as nove da noite


O Concello de Ferrol xa ten preparada a Cabalgata de Reis do rural, que terá lugar o próximo sábado, 4 de xaneiro. Partirá ás 15.45 horas do estadio da Malata e pasará por Esmelle (16h), Marmancón (16.30h), Cobas (17h), San Jorge (17.35h), O Lago (18h), xunta veciñal (18.50h), Brión (19.25h), Valón (19.55h), Santa Cecilia (20.40h) e Mandiá (21.20h).  

A Cabalgata contará con tres carrozas e os Reis Magos estarán acompañados por varios paxes axudantes. Ademais, repartiranse máis de 100 quilos de caramelos.  

O concelleiro de Festas, Antonio Golpe, resaltou que o Concello de Ferrol “ten entre as súas prioridades fomentar as actividades no rural”. Neste senso, lembrou, “os nenos do rural poderán gozar da súa propia cabalgata”.
 
 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar