Novas

xoves, 02 de xaneiro de 2020

O alcalde e o concelleiro de Seguridade visitan a nova cociña do cuartel da Policía Local

Ángel Mato e Germán Costoya interesáronse polas obras na dependencia municipal, cuxo importe ascende a 17.898,80 euros


O alcalde e o concelleiro de Seguridade visitan a nova cociña do cuartel da Policía Local

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e o concelleiro de Seguridade e Tráfico, Germán Costoya, visitaron esta mañá a nova cociña do cuartel da Policía Local en San Xoán. As obras, cun importe de 17.898,80 euros, consistiron na renovación das paredes, do chan, o teito e a iluminación. Ademais, dotouse de forno, lavalouzas, neveira, microondas, campaña extractora, un quentador de auga e varias despensas. 

O alcalde apuntou que o obxectivo é “mellorar as condicións de traballo da Policía Local” e lembrou que a anterior cantina tiña máis de 30 anos de funcionamento. Mato aproveitou a visita para anunciar que nos próximos meses o Concello traballará para sacar adiante un proxecto para “mellorar as actuais instalacións” do cuartel.  

Pola súa banda, o concelleiro de Seguridade asegurou sentirse “moi orgulloso” pola “nova cara” da área de descanso da Policía Local e lembrou que se trata dunha obra pequena pero “moi importante pola súa funcionalidade”. O edil lembrou que as instalacións anteriores non eran “dignas” para a Policía Local de Ferrol.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar